Polo camiño deixou a inexistencia de Galiza, en Euskadi un pacto co PP para desaloxar aos nacionalistas, a reforma da xustiza e tantas outras pequeneces e así, as esperanzas que o disfrace progresista trouxo a moitos, esfumáronse tan pronto asomou a crise económica do capitalismo global, a crise dos especuladores financeiros, que situaron a España ao bordo da bancarrota. Porque non só moitas das anteriores medidas esvaecéronse, senón que a nivel económico emerxeu a auténtica ideoloxía, a que detrás do liberalismo socialdemócrata, esconde o mais feroz e cruel neoliberalismo económico.
Non é o único culpable dos 4'4 millóns de parados e de que o paro xuvenil sexa un delirio, pero é corresponsable, por poñerse do lado dos causantes da crise económica, de solucionar exclusivamente os seus problemas, do saneamento das súas contas bancarias e de aumentar os seus beneficios. Poñerse aos pés dos intereses neoliberais internacionais, desprotexendo aos mais débiles e os traballadores.
Cunha Reforma Laboral que facilita ás empresas "con perdas" o despido obxectivo, a baixada do soldo dos funcionarios, a conxelación das pensións, o pacto con Rajoy e o PP da Lorca, pola que se reformaba o sistema financeiro e se bancarizaban as caixas, para entregarlle a gran banca todo o mercado, inxectando grandes sumas de diñeiro para salvar as perdas dos especuladores, a continuación da política privatizadora das empresas públicas, ata chegar a gran traca final: o Acuerdo Económico Social, celebrado con UGT, CCOO, e a patronal, a maior contrarreforma laboral perpetrada en España contra os traballadores, contra o futuro dos mozos, a maior perda de dereitos laborais de toda a historia.
Os causantes da crise sacando tallada e mais beneficios grazas a socialdemocracia do PSOE.
E a guinda final: poñerse ao servizo das grandes empresas petroleiras coa intervención moi humanitaria en Libia, outra guerra pero esta máis "legal", que pode ser o resume da súa Summa Teolóxica, a "Alianza de las Civilizaciones".
Os "mercados" que están de festa, ata pediron que Zapatero non se vaia. Os traballadores, os parados, os que hoxe teñen un presente laboral negro, porque non saben cando poderán traballar, e no futuro tampouco saben cando terán xubilación, nin cal será a súa pensión, teñen un epitafio preparado polo PSOE e ZP, nun enterro que pode oficiar o PP.
A existencia do PP e o PSOE no Estado reparte inexorablemente, dous papeis nesta película. O poli bó e o poli malo. Dúas caretas co mesmo texto, preparado polos especuladores, polos bancos e grandes empresas, que hoxe mais que nunca, son os auténticos detentadores do poder político nunha comedia chamada:NON É CRISE, É UN ESPOLIO.
Dous partidos para facer a mesma política, co caramelo democrático de que algo pode cambiar.De todos nós depende o presente e o futuro. Podemos empezar por Vigo nas proximas eleccións.
[Pero¿es que aquí hay "buenos" y "malos"?¿Usted no será como el mastodonte que me hace el submarino, como la bestia que me aplica la picana?¿El mismo engranaje, la misma máquina?¿Acaso usted mismo puede creer que hay diferencia?(Mario Benedetti)]

Ningún comentario:
Publicar un comentario