11/04/11

O PP DE VIGO E OS PAPAMOSCAS

Obsceno. Non teño outro calificativo. Cando a número tres da candidatura do PP por Vigo, M. J. Bravo, fixo unhas declaracións nas que mantiña que Vigo necesitaba outras políticas de emprego, pensei en fogos de artificio. Pero non, é o "EIXE FUNDAMENTAL" programático, como sinala o número 2, Chema Figueroa:<(09-04- 2011. FARO DE VIGO): "Nuestro eje será la creación de empleo" : El grupo popular avanzó ayer el "eje fundamental" de una campaña que incidirá en la creación de empleo y el apoyo a los comerciantes. El número dos de la candidatura, José María Figueroa, compareció rodeado por María José Bravo –tercera en las listas y nuevo fichaje del PP– y el portavoz de asuntos económicos, Miguel Fidalgo, para desgranar las claves de la candidatura y subrayar la "unidad" y la "confianza" que pretende generar en la sociedad. "Abel Caballero prometió pleno empleo, pero desde que él gobierna tenemos 13.530 parados más", explicó Figueroa antes de cargar contra "el diagnóstico de la ciudad: Aumentó en más del 62 por ciento el número de parados en los últimos cuatro años, tenemos una cifra récord de 31.321 desempleados, en el último mes se quedaron en el paro 650 personas, 8.000 hogares tienen a todos sus miembros sin empleo y 1.800 comercios han desaparecido en la ciudad". En contraposición Figueroa propuso convertir a Vigo en "una ciudad de oportunidades">.
Ou non lles quedan ideas para desenvolver na cidade, porque o de poñer flores rematou, ou como xa caducou o de botarlle todas as culpas a ZP, non vai ser candidato, reinventan a marabillosa maxia Borrás.
Vai resultar que a culpa dos 45.000 parados da área industrial de Vigo son do actual alcalde, os 249.246 parados de Galiza tamén, e se me apuran ata os 4'3 millóns do Estado. Fiando fino, ata da situación de Portugal. Teño claro que o PSOE optou por unha política económica neoliberal absolutamente contraria aos intereses dos traballadores e dos máis débiles. Pero é a mesma que faría o PP, hoxe, e que xa fixo na época de Aznar. "De aquellos polvos, estos lodos, pequeño saltamontes".
Cando Aznar chegou ao goberno, España atopábase nunha rampla de crecemento e a economía mundial en boa situación. Os fondos da UE achegan 50.000 millóns de euros, e nun xesto que os define, privatizan-venden empresas públicas(Telefónica, Repsol, Cepsa, Tabacalera, Endesa etc.) que aportan 35.000 millóns de euros mais. Os tipos de interese estaban no nivel histórico máis baixo e aumenta a poboación (inmigrantes) en 2'5 millóns.
Co vento a favor, non frearon a estafa piramidal, "política do ladrillo", que máis tarde se converteu en burbulla inmobiliaria, aumentaron as hipotecas, pasando as familias a endebedarse do 30% do salario ao 60%, grazas a tipos de interese enganosamente baixos e nin investimentos en formación nin en tecnoloxía, o cal levou a perder competitividade, tecido industrial e a favorecer a deslocalización. As súas reformas fiscais só beneficiaron aos máis ricos e a redución en gastos sociais pasou do 24% ao 19% do PIB. O gasto en Educación pasou do 5'5 do PIB en 1996 ao 4'4 no 2003.  Tamén conxelaron pensións e os soldos dos funcionarios. Decretazos e Folga Xeral para adornar un amargo e falso pastel que se derreteu cando chegou a crise financiera, a GRANDE ESTAFA BANCARIA, que estamos a pagar. Bush e os aliados de Aznar, xa recompraron os pufos dos bancos cos cartos dos contribuintes, para sanealos, e ter que pagar os intereses, outra vez cos nosos cartos. No 2010 os contribuíntes españois empregaron xa 30.000 millóns de euros en "axudar"(manda huevos) ás entidades financeiras nacionais.
Para ter papamoscas non hai nada como a perda de memoria. E falando de memoria temos que recordar a 009: Cando o Sr.Feijó009 asinou o famosísimo "CONTRATO CON GALICIA", asinou literalmente< un contrato no que se compromete a cumprir catorce obxectivos e a que ese documento sirva ao final da lexislatura, se goberna, para que os cidadáns lle poidan pedir contas polos seus incumprimentos. Converter a loita contra o paro na súa "máxima prioridade" e poñer en marcha unha "estratexia económica" fronte á crise>.
Non funciona o contrato, os datos son do Sr.Figueroa, ainda que erra o tiro ao boneco.  Como o 009 non ten competencias(que si), non entendo como o PP de Vigo non lle manda a receita, e , xa postos, ao parlamento europeo, e ao FMI, postulándose como firmes candidatos a gañar o Premio Nobel de Economía.
Postos a barallar, gustaríame comentásennos algo dos incribles beneficios das empresas do IBEX 35, durante a crise, sendo a banca española a de máis beneficios en Europa, dos paraísos fiscais nos que operan os devanditos bancos, e a fraude fiscal.
E como andan sobrados de ideas poden explicar porqué o PP recorta desde a Xunta o gasto público, incluíndo o gasto público social e os servizos públicos do Estado do benestar tales como sanidade, educación, servizos domiciliarios ás persoas con dependencias, escolas de infancia, servizos sociais e outros que están a afectar dun xeito moi marcado á calidade e cobertura de tales servizos empeorando a situación existente, que xa era insuficiente antes de que se iniciase a crise e por certo diminuíndo o emprego.
SENTENZA:"Ninguén está exento de dicir necedades, o malo é dicilas con pompa".

Ningún comentario:

Publicar un comentario