20/09/11


Non me sorprende que os dirixentes do Partido Popular, aproveiten a crise económica creada polo seu sistema favorito para privatizar todo o que sexa “público”e recortar dereitos cidadáns no sacrosanto nome do aforro e dos seus mercados. Seguen as leccións prácticas dos dirixentes do PSOE.
Por eso non me sorprende que Esperanza Aguirre diga que “la educación es un nicho donde se puede recortar” ou que ”para explicarnos claramente: si la educación es obligatoria y gratuita en una fase, a lo mejor no tiene que ser gratuita y obligatoria en todas las demás fases “.
Tampouco me sorprende que o seu pensamento sexa recortar no ensino público e non nos cartos que o Estado-o público-, traspasa ao ensino privado.
E non me sorprende en absoluto, que pretenda rectificar, e aclare que ao que se refería era aos “máster”, e non me sorprende que non teña nin idea de que os máster non son gratuítos, que Rajoy saia por peteneras, nin que nos consideren gilipollas, mentres Alberto Núñez Feij009 continúa cumprindo o seu CONTRATO CON GALICIA.
Para qué vou sorprenderme cando “el alcalde de Santiago, el popular Gerardo Conde Roa, arremetió contra los jóvenes estudiantes que participan en el botellón y no dudó en relacionar la participación de los jóvenes en botellones con los malos resultados académicos y consideró que “las épocas de hacer carreras en 10 años y 15 años tienen que olvidarse”. “No podemos estar subvencionando permanentemente al vago”. A teoría do alcalde contempla que todos os estudantes deben comenzar a carreira cos mesmos medios, pero que “el que trabaja es el que tiene que recibir la ayuda”. Ata hoxe as becas as regalan sen ningún criterio.
Postos a sorprenderse: a “Revolución Rubalcaba”. 
Vai rematar co neoliberalismo o 21N.
Despois da 1ªrevolución de Felipe, e da 2ªrevolución de Zapatero, o futuro é Rubalcaba e o socialismoneoliberalcapitalistademocráticoneoconstitucional. 
Teñan coidado aí fóra¡

Ningún comentario:

Publicar un comentario