15/10/11

A SEMANA FANTÁSTICA UNIVERSAL(Do 09-10-11 ao 15-10-11) 15-O:PROTESTA MUNDIAL CONTRA O CAPITALISMO CANÍBAL

 -Alberto Núñez Feijó009 presidente da Xunta: <Lo que hicimos en Galicia es lo que se va a hacer en toda España.En plena crisis, hemos aumentado el Estado de bienestar.>
*GALIZA:(elpais.es:13-10-11)<Anxo Guerreiro.A que se dedica Feijóo?...a partir de 2009 Galicia perdeu o diferencial positivo do crecemento do PIB que tivo durante os anos do denostado Goberno bipartito e pasou a ser a comunidade que máis emprego destrúe. Durante os anos de Goberno Feijóo perdéronse 56.000 postos de traballo e a caída media do emprego é case o dobre que a estatal. Respecto dos éxitos na corrección dos desequilibrios das contas públicas tan celebrados sen fundamento por Feijóo, un dato é suficientemente esclarecedor: en só dous anos e medio, a débeda da Xunta aumentou en 3.000 millóns de euros, pasando de 3.922 millóns ao final do mandato de Touriño a 6.923 millóns en xullo de 2011...En sanidade asistimos a un proceso de crecente externalización e privatización dos recursos e provisión de servizos sanitarios. A aposta decidida polo ensino privado en detrimento da pública é un feito incontestable, o que conduce a profundar o carácter dual do noso sistema educativo e a existencia subseguinte de patróns diferentes de fracaso escolar entre os diferentes grupos sociais. Polo que respecta aos servizos sociais, seguimos ocupando os últimos lugares de España, sendo esta unha das causas que inciden na catástrofe demográfica de Galicia...Nos últimos meses, o noso sistema financeiro, creado durante decenios co esforzo de varias xeracións, evaporaouse...Por suposto, seguimos sen noticia acerca da prometida rexeneración democrática...Finalmente, é preciso recordar que foi Feijóo, e só el, quen dinamitou os principais consensos políticos e sociais (Estatuto, lingua...) sobre os que se asentou o desenvolvemento da Autonomía...E, desde logo, non pasou un só día sen que Feijóo utilice as institucións do autogoberno galego como ariete contra o Goberno central e ao servizo da estratexia electoral do seu partido...E isto é o que nos propón Rajoy para o conxunto de España. Tomamos boa nota.>
Algúns tomamos nota, outros caerán na mesma trampa.Que logo non se queixen¡
*GALIZA:(elpais.es:10-10-11)Antón Baamonde:<Cando se fodeu?.Un dos grandes misterios da Galicia contemporánea foi a unanimidade que rodeou durante décadas as figuras de Julio Gayoso e José Luís Méndez, agora xa unidos para a posteridade como Laurel e Hardy. Ninguén dubidou nunca do seu dereito a xestionar, con autoridade ilimitada, as caixas de aforro que levaron á ruína.Sería inútil atopar nas hemerotecas a menor referencia crítica a quen eran tidos por prohombres intachables...Con todo, durante longas décadas foron os homes con máis poder no país...Agora están sometidos ao "ludibrio" público, por informacións aparecidas na primeira plana deste xornal que obrigaron a La Voz e ao Faro a contar algo que preferirían calar, e que durante 40 ou 50 longos anos só tivo o cheiro do incenso...E un non pode deixar de pensar que o verdadeiro escándalo reside en deixar facer, durante décadas, sen facer o menor xesto de crítica ou de exame ponderado do bonapartismo que caracterizou a ambos os directivos.>
Grandes persoeiros e grandes defensores La Voz e Faro: MAFIA.
*GALIZA:(farodevigo.es:12-10-11)<A conselleira de Facenda, Marta Fernández Currás, admitiu onte que NCG Banco só se comprometerá coa obra social da caixa e a dinamización do tecido empresarial galego "sempre que sexa compatible coa distribución de dividendos que permita ofrecer unha adecuada rendibilidade aos seus accionistas". É dicir, o banco primará os beneficios dos seus socios...Currás fixo esta revelación no Pleno do Parlamento e en resposta ao portavoz do BNG, Carlos Aymerich, quen denunciou estar farto de "os coellos da chisteira que sacaba Feijóo" cada vez que acudía á Cámara para defender a súa xestión na fusión das caixas galegas, e recordou entón o anunciou do titular da Xunta de que NCG Banco modificaría os seus estatutos para blindar a obra social e garantir o financiamento das pemes galegos...A conselleira tamén aproveitou o seu paso pola tribuna para restar importancia aos directivos da propia caixa que consideran inviable a obra social no futuro, se a caixa apenas controla o 7% do novo banco.>
A conselleira descobre a pólvora mollada e Feijó009 segue a facer o Pinocho.
*GALIZA:(elpais.com:13-10-11)<Educación prima aos centros privados na informatización das aulas.En Galicia hai 1.281 centros públicos (CEIP, CPI e IES) e 283 colexios privados. A estes últimos foron a parar boa parte dos computadores do proxecto Abalar da Xunta para a alfabetización dixital. En concreto, un terzo dos centros privados (88) teñen portátiles gratuítos da Xunta mentres que só un de cada cinco públicos (289) integra o Espazo Abalar."o exemplo máis nítido" da aposta do Executivo polos colexios privados, mediante o "financiamento encuberto por cuestións meramente ideolóxicas", en palabras da nacionalista Carme Adán>.
FINANCIAMENTO ENCUBERTO PARA OS PRIVADOS.
*GALIZA:(lavozdegalicia.es:12-10-11)<O Parlamento avala o 2012 como o ano de Celso Emilio Ferreiro.Pese ao consenso que acabou suscitando a proposta defendida polo grupo do PP, o debate parlamentario non estivo exento de polémica, toda vez que o deputado popular Agustín Baamonde chegou a mostrar a Celso Emilio Ferreiro como un «defensor da liberdade de uso» entre o galego e o castelán, ao lembrar que produciu obra en ambas as dúas linguas. Esta mención alporizou aos representantes das bancadas da esquerda, que non só recordaron que o poeta foi cofundador da Unión do Povo Galego (UPG), hoxe o partido matriz do BNG, e máis tarde candidato ao Senado polo PSG de Beiras, senón que acusaron ao de PP de tentar facer unha «manipulación» da súa biografía.>
Erguerémo-la espranza
sobre ista terra escura
coma quen ergue un facho
nunha noite sin lúa.

*GALIZA:(Publico.es:12-10-11)<Feijóo admite que recibiu a Dorribo antes de darlle 4 millóns en axudas.O escándalo pola suposta fraude na concesión de axudas públicas que investiga a operación Campión salpicou directamente ao presidente da Xunta de Galicia. Alberto Núñez Feijóo recoñeceu onte no Parlamento autonómico que o 14 de outubro de 2010 reuniuse co empresario lucense Jorge Dorribo, considerado o xefe da trama.O encontro produciuse dous meses antes de que o Goberno galego concedese a Laboratorios Nupel, a empresa farmacéutica propiedade do procesado, axudas de tres millóns de euros. En marzo, a mesma firma volveu beneficiarse doutra subvención dun millón...a entrevista de Feijóo co empresario lucense promoveuna o exdiputado Pablo Cobián.Este exparlamentario do PP presentou a súa dimisión a semana pasada logo de coñecerse que o dono de Nupel acusouno do cobro de comisións, así como ao exconselleiro e exdiputado do BNG, Fernando Branco, e ao ministro de Fomento, José Branco.Ata onte, o PP de Galicia reclamaba a presunción de inocencia dos dous directivos do Instituto Galego de Promoción Económica organismo dependente da Consellería de Economía, encargado de outorgar as axudas, imputados xudicialmente na fraude.>
Casualidades...
BARBAROS¡
-(libertaddigital.com:12-10-11)Se trata de España.EDITORIAL.Sólo en España podría ocurrir que una Administración niegue a la ciudadanía el derecho a hablar y a estudiar en la única lengua común. O que quienes han justificado el terrorismo gobiernen instituciones como ayuntamientos y diputaciones...Y resulta estremecedor que la palabra España sea, pese a todo, la contraseña de la libertad, del progreso y de la igualdad...Por otro lado, es delirante afirmar que la celebración de la Fiesta Nacional es una exhibición militarista, un homenaje al supuesto exterminio indígena en América y una exaltación rancia de valores caducos...Respecto al debate sobre la conveniencia del Doce de Octubre, sólo conviene a quienes están interesados en reducir España a escenario y mero soporte de sus pactos fiscales y de sus negocios. Es tal el ayuno cuasiforzoso de patriotismo al que se ven sometidos tantos compatriotas, que por lo común su expresión se ve reducida al deporte.
-Alberto Núñez Feijó009 presidente da Xunta: <Lo que hicimos en Galicia es lo que se va a hacer en toda España.En plena crisis, hemos aumentado el Estado de bienestar.>

Ningún comentario:

Publicar un comentario