22/05/12

O museo dos horrores e o Club Faro de Vigo



Coa Policía Nacional rodeando o exterior do Paraninfo e axentes non uniformados no interior, celebrouse a conferencia que o Club Faro de Vigo, coa colaboración da Deputación de Pontevedra, ofreceu o día 21 de Maio no Paraninfo do Areal, e na  que Alon Bar, embaixador de Israel, disertou sobre "¿Por qué Israel es uno de los países más modernos del mundo?".
A Subdelegación do Goberno en Pontevedra, prohibíu unha concentración de protesta, e decidiu limitar o exercicio do dereito de reunión a un colectivo cidadán, alegando como único motivo razóns de tipo formal. Notificaba que "ten por non comunicada dita celebración por ter sido presentado o escrito fora de prazo".
No momento, en que con tanta liberdade comenzaba o esperpento, houbo un intento de  ler un extracto da narración do Relator Especial da ONU para os territorios palestinos ocupados, Richard Falk:<Estou arrepiado polas continuas violacións dos Dereitos Humanos nas prisións israelís e apelo ao Goberno de Israel para que respecte as súas obrigacións internacionais de Dereitos Humanos con respecto a todos os presos palestinos…Israel debe tratar os presos en folga de fame de acordo cos criterios internacionais e permitirlles as visitas dos seus familiares"… desde a guerra de 1967, uns 750.000 persoas palestinas 23.000 delas mulleres e 25.000 menores de idade pasaron polas prisións israelís, é dicir, un 20 por cento da poboación dos territorios palestinos e un 40 por cento dos homes… O uso xeneralizado da detención administrativa por parte de Israel oponse directamente aos criterios internacionais sobre os xuízos xustos…>.Etc.
Os aplausos e ameazas dalgúns asistentes, incluido o director do xornal, fixeron imposible a lectura, e o presentador Miguel Boo, non dubidou en berrarlles pola megafonía ”herdeiros de Franco” e “os demócratas que están de pé que saian”, aos que intentaban protestar.
Evidentemente a lectura non ía dirixida ao embaixador, senón que era unha pregunta aos responsables do Club Faro de Vigo, por darlle voz ao representante do Estado que incumple mais resolucións da ONU na historia , mais, que todos os Estados do mundo xuntos. Pero non é iñorancia, senón colaboración no nome da democracia.
Para eles  democracia e  liberdade consisten en entrevistar a Hitler e ao mesmo tempo aos xudeos víctimas do Holocausto nazi. Unha cruel forma de igualar as víctimas cos  verdugos.
A crónica do día 22 no Faro de Vigo é unha delicia de como converter o museo dos horrores nun conto de Walt Disney:< ¿Cómo se explica que siendo un país en conflicto, desértico en parte, pueda exhibir esas cifras de empleo? Esa fue una de las preguntas primeras. Para Alón Bar, que haya solo un 5 por ciento de paro o un crecimiento del 4.8 por cien tiene que ver con otros factores, como que un 4.7 por ciento del presupuesto se dedique a la innovación, superior al de cualquier otro país del mundo. "Es enorme dijo el interés que tiene Israel en I+D, y se manifiesta en hechos como que 57 grandes multinacionales de gran innovación como Google hayan localizado allí sus bases"...hay una gran cultura del emprendimiento, que empieza por no considerar como una culpa el fracaso. Allí no se castiga sino que se entiende que el camino al éxito tiene que pasar muchas veces por el fracaso"...el estado judío pone mucho énfasis en el territorio educativo desde la infancia pero también en la universidad aunque a sus responsables, "como es lógico", siempre les parece insuficiente la inversión. "Creamos además instituciones que potencien la investigación y que eviten la fuga de cerebros"...Está claro que cualquier intervención militar sobre Irán es difícil y no deseable pero no hay más remedio que comparar ese mal con el que supondría que fuera un país nuclear"... "El nivel de conocimiento que tiene España de Israel afirmó no es el que quisiéramos. Es algo muy distinto de lo que a veces se lee y de ciertas ideas simplificadoras"...>
Ningún comentario sobre os 4.700.000 refuxiados, sobre as torturas, sobre o asasinato de milleiros de persoas, sobre as leis racistas, sobre o expolio dos recursos dos palestinos, sobre o emprego de fósforo branco contra a poboación civil ou sobre ter armamento nuclear de maneira ilegal.
<O 15 de maio conmemorouse o 64º aniversario da Nakba ou catástrofe palestina, cando o proceso de limpeza étnica da poboación árabe indíxena de Palestina iniciado polo proxecto sionista culminou (pero non concluíu) na creación unilateral do Estado de Israel. As milicias sionistas de triste fama (Stern, Irgun, Haganah, Palmach), antecesoras do exército israelí e comandadas por quen serían posteriormente primeiros ministros ou presidentes do flamante Estado (Ben Gurion, Isaac Rabin, Moshe Dayan, Menahem Begin, entre outros), arrasaron, destruíron e saquearon máis de 500 cidades, aldeas e pobos palestinos, asasinaron a unhas 13.000 persoas, feriron a máis de 30.000, e expulsaron pola forza e o terror a 800.000 (a metade da poboación nativa de Palestina), converténdoas en refuxiadas a quen ata o día de hoxe prohíbeselles regresar aos seus fogares e terras>.(María M. Delgado, activista de dereitos humanos. Entre febreiro e maio de 2011 foi acompañante e observadora internacional en Yanun, Nablus, co EAPPI, e entre outubro e decembro con CPT na o-Khalil/Hebron.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario