O Presidente da Xunta atopou por fín a fórmula
maxistral, o pano onde limparán as bágoas tantos masacrados pola estafa
política que pperpetra día trás día, o seu ppartido:"Tomar ejemplo de
nuestros padres y abuelos que en tiempos de dificultades se quejaron menos y
trabajaron más".

Contra o sufrimento...aceite de ricino.
Non conta que tamén emigraron, sufriron unha
dictadura política asesina, coarenta anos, para hoxe, coas súas pensións de
miseria ser os que manteñen a moitas familias, en paro.
Son formas curiosas de entender a vida,
Presidente.
Tomemos exemplos dos que siguen a máxima de
Feijóo e sufren sin queixas e traballan mais.
Juán José Güemes, "exconsejero de Sanidad
de la Comunidad de Madrid" que continuando a larga lista de altos cargos
peperos , forman agora nómina das empresas concesionarias das privatizacións
que perpetraron. O "niño bonito de Espe", pertence a Unilabs España,
empresa que xestiona as analíticas de seis hospitais madrileños...que él
privatizou. Lasqutty o seu sucesor é o que hoxe segue privatizando.

Telefónica que tamén acolleu na súa familia a
Urdangarín, un home honesto que engade aos seus delitos, fraude fiscal, con
testaferros suizos para evadir impostos.
Da "amiga real" Corinna, cazadora de
elefantes, que aparece misteriosamente nos correos, non falemos. Xa se sabe que
o cortello e moi acolledor.
Moi traballadora é Cospedal que no 2011
declarou 165.631 euros de nóminas, mentres o seu marido tamén forma parte de
outra empresa que está detrás das privatizacións sanitarias. Os deputados do
seu parlamento quedaron sen nómina, unha forma de recortar para que fagan
política os ricos, como debe ser.

Carromero é un tipo que viaxa para coñecer
mundo. Despois da súa viaxe por Cuba, xa está libre. Outros como David Reboredo
están na trena. Carromero volve ao seu posto de Asesor Técnico no concello
madrileño onde ten unha nómina de 50.4774 euros, sen queixarse.
E para mais exemplos "La Voz de
Galicia" de hoxe, que co seu fino sentido humorístico, retrata unhas
declaracións de María Corina Machado( vai de Corinas), deputada opositora a
Chávez:" El destino de los venezolanos lo deciden extranjeros".
Ten que falar co ministro Guindos, para recibir unhas clases de
independencia: En Venezuela hoxe non manda o FMI. En Spain, Portugal ou Grecia
sabemos moi ben quen manda. O trombón.
Ningún comentario:
Publicar un comentario