O Partido Popular é unha organización podre,
baseada nunha financiación ilegal e corrupta, que leva décadas vivindo á marxe
da legalidade.E mentindo.
Mentiron na guerra de Iraq e as armas de
destrución masiva, mentiron no Prestige, mentiron no 11-M, mentiron no seu
programa eleitoral, e minten cando dín que todos os seus tesoureiros actuaban de costas aos xefes: Fraga, Aznar,
Rajoy.
Preséntanse como vítimas, duns cacos que
pasaban por alí, e dunha "crise" que eles non montaron pero que, miragres
veredes, están a piques de solucionar.
Como vítimas non tiveron mais remedio que
recortar dereitos, liberdades e levar a ruína, á emigración, o paro, e a
exclusión social, a gran parte da población.
Teñen tanta costume de mentir que xa non
distinguen a realidade da ficción:
"ESPAÑA és el ejemplo del mundo". O dí o Presidente.
"ESPAÑA és el ejemplo del mundo". O dí o Presidente.
Todo un escándalo democrático que sexa
Presidente deste Estado o Presidente dese partido, e goberne. E hoxe diga que
vai crear tres millóns de empregos.
E sente cátedra no Parlamento, sobre ética, sobre moralidade, sobre economía.
E sente cátedra no Parlamento, sobre ética, sobre moralidade, sobre economía.
E teña a desvergonza de repartir aprobados e suspensos no Parlamento.
Entendo que os seus aplaudan coas orellas como
sempre fixeron.
Entendo que os tempos xudiciais son lentos e as
veces indescifrables.
Entendo que os medios de incomunicación
retorzan a verdade o seu favor, porque maior será a devolución do favor.
Non entendo como non existe unha maioría cidadán que rexeite esas prácticas, e
como os outros partidos consinten en participar deste esperpento cun partido
que tiña que estar ilegalizado, ou cando menos posto nunha cuarentena
democrática de cen anos.
Aillalos, porque non teñen lexitimidade.
Nin para dirixir Spain, nin para xuntarse nunha
sede pagada en B.
Ningún comentario:
Publicar un comentario