28/03/15

EGO TE ABSOLVO A PECCATIS TUIS...

*Revogada a sentenza contra os sete concelleiros de Santiago que aprobaron o pago con fondos publicos, do Concello, a defensa doutro concelleiro porque non está demostrada a "consciente elaboración prevaricadora". O relator di que non cre que fixeran un plán para facer algo"clamorosamente ilegal".
Os sete edís agora absoltos, segundo a sentenza da Audiencia Provincial de A Coruña, aprobaron, na sesión da Xunta de Goberno do 30 de maio de 2013, que o Concello de Santiago pagase o avogado de Adrián Varela, daquela concelleiro de Deportes, para defendelo no caso Pokémon, no que fora -e segue-imputado por presuntos delitos de tráfico de influencias, suborno e falsidade documental.

*A Fiscalía do T. S. X. de Galicia na investigación sobre a deputada, ex voceira e ex concelleira do PP en Santiago,  Paula Prado dí que non se desprende "ilícito penal ningún". O Ministerio Público vén de lle propoñer ao maxistrado que instrúe a causa proceder á súa "conclusión sen procesamento" por non "resultar debidamente xustificada a comisión de delitos".
As escoitas telefónicas do Servizo de Vixilancia Aduaneira e os informes que a xuíza Pilar de Lara emprega como policía xudicial, daban por "corroborado" que Prado tramitara na súa etapa como concelleira do goberno de Gerardo Conde Roa unha factura "inflada" dun espectáculo infantil, que "pasaría de 6.090 a 11.210 euros". Segundo os axentes, a daquela edil era "sabedora do feito de que estaba a factura inchada" e de que eses 3.000 euros os ía "gozar" o empresario que promovía o espectáculo, tamén imputado na Pokémon.

<Los agentes de Aduanas que investigan el caso Pokémon intervinieron el 7 de mayo de 2012 una conversación entre el que había sido jefe de gabinete de la alcaldía de Santiago Ángel Espadas y la entonces concejal Paula Prado. En ella, según Aduanas, Prado “reconoce que le metió un gol” al alcalde para que firmase una factura por el espectáculo infantil La Abeja Maya que “valía 8.500 euros más IVA y la pasó por 11.000 y pico más IVA”.
El empresario beneficiado era Suso Fuentes, amigo de Prado y también imputado. Aduanas alude a que otro edil, Adrián Varela, comentó a Prado: “Ahí están los 3.000 euros para Susito”. Y que ella remachó: “Que los disfrute”>

*O Tribunal Supremo arquiva a denuncia contra o Presidente da Junta de Extremadura, José Antonio Monago, polos 32 viaxes que realizou pagados polo Senado entre 2009 e 2010. A Sala de lo Penal non aprecia delito algún porque o propio grupo parlamentar do PP asegurou que os 32 viaxes realizados a Canarias e pagados con fondos públicos, foron viaxes de traballo.

...AMÉN.

Ningún comentario:

Publicar un comentario