09/05/15

NON DIGA RUNNING DIGA CORRELINGUA

“O galego é de todos”, di o rap das mozas e mozos do CPR Sagrada Familia de Aldán, en Cangas, que vén de gañar o certame de vídeo do Correlingua 2015, a carreira escolar na defensa do idioma que percorre anualmente a xeografía galega, organizada por CIG-Ensino, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega e A Mesa pola Normalización Lingüística, co apoio dos concellos de Pontevedra, Vigo, Lugo e Ourense, e a Deputación Provincial de Lugo. Alí onde faga parada este ano o Correlingua chegará co lema “Galego, a nosa creación común”, que aparece recollido no manifesto gañador desta edición, “@s bokaneir@s”, elaborado polo alumnado de 4º da ESO do CPI de Pontecesures. No seu 15 aniversario, este evento de divulgación do idioma propio partirá o día 4 de maio de Santiago de Compostela e chegará, na súa última etapa, o día 15 do mesmo mes, a Pontevedra.

Ningún comentario:

Publicar un comentario