12/03/11

A SEMANA FANTÁSTICA UNIVERSAL(do 05-03-11 ao 12-03-11)

*MUNDO: A promesa electoral do presidente OBAMA de pechar o centro de torturas  de Guantánamo, antes de xaneiro de 2010, incumprida. Guantánamo continúa como monumento as detencións ilegais, as torturas e a miseria humana. Neste caso os crimes contra a humanidade non escandalizan aos "paladíns da liberdade", simplemente calan.
*SPAIN:O Pleno do "Congreso de los Diputados" convalidou cos votos de PSOE, PP e CC, a abstención do PP e o PNV, o decreto ley de medidas para impulsar a recapitalización das entidades financeiras. As minorías da esquerda parlamentar, incluido o BNG, votaron en contra. A abstención do PP é outra incongruencia despois de ter apoiado o FROB(Fondo de Reestructuración Ordenada Bancaria). A posición do PSOE continúa cos plans de privatización das caixas.  Grazas a eles, Galiza non pinta nada. Euskadi e Catalunya sí terán caixas.
*GALIZA:Debate parlamentario en torno á lingua: o voceiro do PPdeG na materia, Agustín Baamonde,  anunciou o veto do seu partido a que o Parlamento tramite unha proposición de lei do BNG para a “normalización da onomástica” de Galicia. Isto é, a protección dos topónimos na súa forma galega –a única legal dende 1983–e a promoción dos nomes galegos de persoa, así como dos apelidos. Que nos devolvan os apelidos deformados grotescamente –caso por exemplo:“Feijóo”, “deturpación” do galego “Feixóo”,e cuxa tradución ao castelán sería “Frijol”–” ou  garantir “o uso das denominacións oficiais dos nomes de lugar. Segundo Baamonde non é máis ca unha mostra de “política lingüística cavernícola” consistente nunha estratexia de “privar de liberdade” aos galegos.  Prefiren non significar nada.
*SPAIN: Nun convento de clausura de Zaragoza rouban 1'5 millóns de euros. As relixiosas aseguraron aos axentes que acudiron ao monasterio tralo aviso de roubo que os cartos,que estaban en bolsas de lixo dentro dun armario, ascendían a 1,5 millones de euros. Ademais, explicaron que gran parte encontrábanse en billetes de 500 euros. Cando os policías preguntaron sobre a orixe de tan importante cantidade de diñeiro,  limitáronse a afirmar que eran "los ahorros de 40 años". Milagres.
*MUNDO:"O inimigo do inimigo non é necesariamente o meu amigo". A propósito de Gadafi, e para non cair nos tradicionais erros que levan a santificar a moitos dictadores, só porque foron antiimperio. Son dictadores e con sangue nas mans. O cal non concede bula a OTAN para outra masacre e outro roubo petroleiro. Mubarak, Ben Alí e Gadafi foron contra os seus  pobos, ista é a resposta.
*SPAIN:"MENOS METERSE EN LA VIDA DE LA GENTE Y MÁS LIBERTAD"(Mariano Rajoy): Cando o líder da oposición dí isto no Congreso, e queda tan "pancho", ¿falará das normas morais, educacionais, sexuais, e relixiosas que con tanto fervor intenta impoñer, ou só dos 110Kms/hora ou do tabaco?.

Ningún comentario:

Publicar un comentario