30/03/11

Vigo e a súa verdadeira Reconquista.

Vigo festexou estes días a Reconquista. Teño que confesar que sempre tiven receos fundados, non pola festa, senón pola súa historia. A revolución francesa e os seus principios sempre me gustaron  mais, que as monarquías absolutistas. O certo é, como algún xornalista local sinala hoxe, que conviña facer unha relectura da historia para poñer nomes e actos no seu lugar. Claro que, dito xornalista tira contra o Bloque como responsable, e algún día tamén o farán de inventar o sacaúntos ou de se Vigo ten moitas costas. Non sei se o citado xornalista, ousaría poñer en cuestión a veracidade histórica do Cristo da Victoria, aos devotos que acoden á procesión, e a cofradía que anima aos seus fieis. O único certo é que hoxe, nesa festa, é un pracer escoitar como os vigueses séntense orgullosos de selo.
Deixando as divagacións hai que recoñecer que hoxe constitúe un evento cidadán que cataliza un sentimento do que non andamos sobrados: sentirse e recoñecerse de Vigo. A vella teima de que nesta cidade non hai vigueses, de que moi poucos se senten de aquí ou que non temos espírito de cidade vai cambiando. Dadas as poucas ocasións que nos daban as autoridades locais, e a ausencia case total de festas de Vigo,( falo da cidade non de Cabral, Coia, Bouzas,Valladares,Teis,etc), os veciños do Casco Vello, inventaron un pretexto para sentirse vigueses e pasalo ben. Non o tiveron doado porque a situación do barrio era ruinosa, e ainda que queda por facer, hoxe é un gusto camiñar polas súas rúas. Da responsabilidade do Bloque nisto, mutis.
Os motivos para dito cambio, son variados e moitos, aínda que para os agoireiros mediáticos, é mais importante o refulxir das estrelas que veñen de fora e os grandes eventos pasaxeiros. Os mesmos que celebran, aos nomes de aquí, cando xa son recoñecidos fora. Entón sí, abren as bocas e as loubanzas. Non se decatan que xa desenvolveran nestas terras un traballo, as mais das veces con pouco recoñecemento. Nada novo, non pular polo propio. Pasa o mesmo cando por fin, a Semana Grande das Festas de Vigo, son unha realidade. Ducias de actividades e miles de persoas nas rúas, a hostalería dicindo publicamente que o ano 2010 foi o primeiro no que o turismo en agosto non fuxía de Vigo, e sae un  queixándose de que quedou unha mancha de graxa nunhas "losetas" da Portal do Sol. Inefable.
O mesmo que sucedía co Casco Vello, en Vigo a programación cultural pública era unha ruína. Cousas que para outras cidades galegas ou incluso vilas, eran hai catro anos frecuentes, aquí eran descoñecidas. Excepto catro festivais anuais, un programa de teatro por barrios, algunha programación de teatro para nenos no verán, convenios con bandas de música e entidades folclóricas, a oferta cultural pública era inexistente. Comezando pola principal: non ter un espazo propio. Durante moitos anos non houbo nin teatro, nin auditorio municipais, e utilizábase, esporadicamente, un salón de plenos para actividades. Caixanova exerceu un monopolio absoluto con grande xúbilo dos voceiros locais. E non só iso, senón que, cousa única no mundo, invertéronse os papeis: o concello chegou a ser o mecenas da caixa, quen cos cartos públicos facía a súa programación cultural. O mundo o revés. Como en Sicilia: co tema da caixa, unha lei do silencio que ninguén foi capaz de rachar.  Incluso o concello que era socio fundador da Rede Galega de Teatros non fixo uso de dita sociedade, porque xa o facía a caixa, onde por certo  son raras as cías. locais que acceden o gran teatro, sendo relegadas o auditorio. Alguén viu algunha escrita ao respecto?. Se a alguén de A Coruña, Santiago, Ourense, Pontevedra, Narón, Vilagarcía, Redondela, Sanxenxo, e podo continuar, cóntanlle a situación de Vigo, botaría as mans a cabeza.  Cando, hai uns anos, na Revista Galega de Teatro criticaron esta desfeita, sentín pena e vergonza. Iso si, en Castrelos, e no verán, catro ou cinco concertos, a festa da empanada o mexillón e pouco mais. Na estepa siberiana tiñan mais programacións. Como sucedía coas festas cada un dos barrios, tiña a súa, e o seu auditorio privado, pero sen cartos para programar nen contratar. Tiveron que ser as cías. de teatro e danza as que levaron adiante hai catorce anos o Vigo a Escena, un programa que permitía que neses auditorios houbera programación. A situación da música non era mellor, e as orquestras e músicos estaban illados nos Conservatorios, a pesar do seu gran nivel.
Hoxe Vigo conta cun Auditorio municipal(na Praza do Rei), pequeno, cómodo e equipado.[EUROPA PRESS(2010) El teniente de alcalde de Vigo, Santiago Domínguez Olveira, anunció hoy que el Auditorio Municipal se inaugurará el 22 de junio con un espectáculo de danza a cargo de la compañía de Quique Peón y destacó que, a partir de esa fecha, acogerá una programación municipal estable de artes escénicas. Las obras, con una inversión de 1,4 millones de euros han incluido también la ampliación del escenario, mejora del equipamiento escénico y técnico, la apertura de un nuevo acceso directo desde Praza do Rei y la construcción de taquillas, camerinos y aseos así como la renovación del mobiliario.]. A programación que acolle, estable, practicamente diaria, con cine, teatro, danza e música permite que moitos grupos e compañías veñan a mostrar os seus traballos, e que as que aquí o fan teñan acceso a el. Neste próximo trimestre 51 actividades, e con prezos entre 3 e 10 euros. E cunha difusión moderna: [(xoves, 27 de maio de 2010)O concelleiro de Cultura, Xesus López, anunciou este xoves que hoxe entra en funcionamento a páxina web da Concellería, www.vigocultura.org, baseada na nova imaxe corporativa,que ofrece información completa da programación cultural organizada pola concellería, tanto presente como futura].
A difusión que os medios adican a esta programación é escasa e as veces non existe, sendo os perxudicados todos os cidadáns, non un grupo político. Da medo que a Orquestra 430, de Vigo, do millor de Galiza, habitual no Auditorio, teña un concerto cunha solista tamén de Vigo, que traballa na Orquestra de Manchester, e non sexa citado nin na axenda do xornal que segundo conta, respira por Vigo. O malo é que só ten respiración "asistida".
Por todo o anterior  sempre teño a dúbida de si están pola labor de que esta sexa unha cidade moderna, con servizos e espazos culturais para todos, con festas para todos, ou se levan gafas de hipermiopía permanente cun hiperpartidismo que os cega. Como tratamento recoméndolles as seguintes novas, e para os normais, para os que co corazón, queremos a esta cidade: a gozar da Reconquista, das Festas, do Casco Vello e de Vigo. 
 "Vigo, capital del arte gallego:FARO DE VIGO:(26-03-11)CARLOS PREGO -De los pintores vinculados al Rexurdimento o el Romanticismo gallego a los componentes del Grupo Atlántica que en la década de los ochenta reactivaron la plástica autóctona. El Pazo de Arias Taboada, situado en la calle Abeleira Menéndez, es desde ayer la nueva Pinacoteca de la ciudad gracias a 158 obras de 83 autores de los siglos XIX y XX que la sitúan, en palabras del teniente de alcalde, Santiago Domínguez, como escenario de "la más importante colección de arte gallego contemporánea". Para ello han sido necesarios dos años de obras y la selección de 158 piezas entre los fondos del Museo Quiñones de León coordinada por el comisario de arte Carlos Bernárdez. El resultado se puede comprobar desde ayer en la muestra "O fermoso rostro do país", distribuida por los más de 1.600 metros cuadrados del centro."La recuperación del edificio se hizo con criterios actuales, respetando su fisonomía, pero dotándolo de las innovaciones tecnológicas que permiten conservar y asegurar la obra pictórica y escultórica que va a albergar", detalló el concejal de Patrimonio, Eudosio Álvarez. Entre esas "innovaciones" se cuentan 70 audioguías con las que los visitantes podrán conocer las principales características de cada una de las obras en gallego, castellano o inglés. "
"Vigosónico ofrecerá desde abril cinco salas de ensayo y un estudio de grabación:Jorge Lamas. Vigo / la voz (26/3/2011)- Cinco salas de ensayos musicales, cuatro cabinas de formación, un estudio de grabación, una sala de informática con doce puestos de acceso a Internet gratuito y una sala multiusos conforman Vigosónico, el nuevo complejo de locales de ensayo que el área de gobierno nacionalista pondrá en marcha a partir del próximo mes en Valadares. El teniente de alcalde Santiago Domínguez señaló ayer, durante la visita al complejo musical, que Vigosónico es un espacio pionero en Galicia, que ayudará a dinamizar a la juventud viguesa. El proyecto tuvo un presupuesto de 1,5 millones de euros".
"Martínez Garrido acoge la primera biblioteca de barrio.Jorge Lamas.Vigo / la voz(25/3/2011)- El número 21 de la calle de Martínez Garrido acoge desde ayer la primera biblioteca pública que se construye en un barrio. Llevará el nombre del escritor Xosé Neira Vilas, quien ayer se acercó hasta el lugar para presidir el acto inaugural del nuevo centro educativo y cultural.El proyecto comenzó a gestarse en enero del año 2009, cuando el teniente de alcalde Santiago Domínguez anunciaba su creación con el objetivo de terminar con la «vergonzosa situación de Vigo no tocante ás bibliotecas». El edil nacionalista avanzó la puesta en marcha de del segundo centro de proximidad en Navia, dentro de la Rede Municipal de Bibliotecas y las dos primeras agencias de lectura en Valadares y Fragoso".
SAÚDE.

Ningún comentario:

Publicar un comentario