XO R N A L D E G A L I C I A (martes, 10 de maio de 2011):
“Vigo será referencia na celebración de grandes eventos culturais”:CORINA PORRO(PP) :“A xestión cultural é unha cuestión dos axentes públicos e privados; traballaremos a súa coordinación. Potenciaremos a rede de bibliotecas, reordenaremos as coleccións dos museos municipais, protexeremos o patrimonio histórico-artístico e apoiaremos as producións cidadás. Vigo será referencia na celebración de grandes eventos”.
A miña capacidade de conter a risa vai decaendo a medida que a indignación medra. Na sección que O XORNAL titula "Se eu son alcalde/alcaldesa" veñen estas sesudas reflexións que son unha mala síntese do programa que hai catro anos tiña o BNG para o concello de Vigo, no apartado Cultura. Non debe ter mais que engadir, porque catro anos despois xa está feito.
A primeira pregunta: Porque non o fixo cando xa foi alcaldesa?.
A segunda: parécelle ben que a Deputación de Pontevedra(PP),e a Xunta(PP),gasten 225.000 euros para facer Festibaixas, dándolle os cartos a unha empresa de Madrid, xestionada polo simpatizante do PP,Sancho Gracia?. A responde ela mesma: a xestión cultural é unha cuestión dos axentes públicos(PP) e privados(PP), e traballaremos na súa coordenación(PP+PP=PP).
Algunhas"ideas" teñen coña porque fala da Rede de Bibliotecas que a actual concellería puxo en marcha coa primeira, sí, primeira, Biblioteca de Proximidade, a Biblioteca Xosé Neira Vilas no Calvario. Na época anterior, con Corina de alcaldesa, cero, nin o nome. Mais coña ten o de protexer o patrimonio histórico-artístico cos museos abandonados como o Pazo de Castrelos, con centos de obras escondidas, a agonía do Verbum, ou o Museo(fastasma)do Mar que pasou a Xunta. Coa mellor intención non vou falar do abandono do Vigo Histórico(Casco Vello e Bouzas), do xacemento do Castro ou do xacemento de Toralla, mentres sí reformaba o despacho do Areal.
A palabra "primeira-o", pódese utilizar moito, desde o 2007, para escarnio da cultura en Vigo.
Xa fixen algunha reflexión sobre o paso do Sr. López Chávez, pola concellería de Cultura do PP, cando a Sra. Porro foi alcaldesa. Lamentablemente podo facer un resumo rápido: Nin un só proxecto novo posto en marcha. Mantivéronse os proxectos anteriores e algúns como o Arquivo Pacheco, pechou. Nin un espazo público, auditorio, en condicións(Vigo, para vergonza propia e risa allea, única cidade ou vila galegas que non o tiña), o que levaba a que algúns programas de artes escénicas tiveran que facerse no Teatro Fraga(Caixagalicia), no Teatro García Barbón(Caixanova), e incluso no Auditorio do Conservatorio Martín Códax ou no Cine Salesianos. Ata as Asociacións Veciñais ou Culturais tiñan auditorios. O ALT programábase na Casa das Artes.
As festas de Vigo(do Cristo como lles gostaba), eran 4 ou 5 concertos en Castrelos, dúas festas gastronómicas, e algún programa o aire libre de teatro para nenos. Convenios con bandas de música, corais e entidades folclóricas pechaban a política cultural.
Esta era ata hai catro anos a coordenación, potenciación, reordenación, protección, apoio e converter Vigo en referente, da que hoxe fala Corina Porro. O misterioso é porqué non o fixo, non existía a crise económica, pero sí a crise de ideas, proxectos e capacidade.
En contraposición, vou poñer feitos, non promesas, destes catro anos pasados:
-Reapertura do Arquivo Pacheco tanto ao público, como no seu funcionamento interno, dotando o Arquivo de persoal, e material. Compra do Arquivo Ksado.
-Reordenación e posta en marcha da Rede Museística, que non existía, e reactivación do Verbum que non tiña practicamente visitantes. Hoxe coas moitas actividades é un dos museos que mais medrou en número de visitantes.
-Xunto coa Concellería de Patrimonio Histórico( transversalidade), apertura da Pinacoteca na rúa Abeleira Menéndez, para mostrar os fondos de pintura que permanecían ocultos no Pazo de Castrelos que estaba en mal estado. Fixéronse tamén reformas no Pazo de Castrelos.
-Inicio das obras do Centro Galego de Fotografía:en construción, con orzamento, lugar e plán.
-Biblioteca de Proximidade Xosé Neira Vilas no Calvario: a primeira, funcionando(antes só a B.Central).Contemplada a segunda en Navia e outra en Bouzas(Casa do Patín) adquirida, e dúas en centros veciñais, porque empezou a funcionar a Rede de Bibliotecas.
-Reformas no Auditorio de Castrelos: en estado de ruína as gradas e o interior.
-Apertura dos xacementos arqueolóxicos do Castro e Toralla xunto coa concellería de Patrimonio Histórico.
-Auditorio Municipal de Vigo na Praza do Rei: primeiro espazo público(do concello) inaugurado no 2010, xa en funcionamento. Equipado para as artes escénicas, cine, etc.
-Posta en marcha da primeira programación cultural estable e pública, VIGOCULTURA, de artes escénicas(teatro e danza), cine, música, conferencias, etc.(meses de abril-maio-xuño 2011:51 actividades). Anteriormente programaba Caixanova e o concello pagaba. O mecenazgo o revés. Houbo que recuperalo.
-Por primeira vez o concello, fai uso da sociedade coa Rede Galega de Teatros e Auditorios.O concello foi fundador pero nunca fixo uso da mesma. Cías. galegas e do Estado na programación desde o 2010 no Auditorio.
-Ademais de continuar os convenios coas bandas de música da cidade, corais e entidades folclóricas, poténciase con concertos mensuais no Auditorio a Orquestra 430- unha das mellores do país- de Vigo, coa idea de convertila en Orquestra Residente. Tamén crease un convenio co Coro Concento Vigo, axudando na súa creación, porque Vigo non tiña un coro de música coral culta. Hoxe é unha realidade.
-O concello faise cargo do Concurso Ibérico de Piano do R.C.Naútico, pasando a chamarse Concurso de Piano Ría de Vigo, co espíritu de amplialo e sexa patrimonio da cidade.
-Lévase a cabo o 1º concurso de Gaita Solista(en colaboración coa Federación de Centros Deportivos e Culturais).
-O Festiclown, o mellor festival de clowns do Estado, e un dos mellores de Europa, leva en Vigo dúas edicións, con mais de 150 actuacións por cada unha delas(nomes como Leo Bassi,Jango Edwars,Pepe Viyuela,etc).
-O concello patrocina totalmente a Semana de Teatro Afeccionado, da Federación de Centros Deportivos e Culturais, para darlle paso a catro cías. de teatro afeccionadas da cidade ao "Vigo a Escena", programa que medrou, sendo na actualidade 15 as cías. teatrais e de danza, da cidade que levan os seus espectáculos a 23 asociacións, cunha programación anual de 75 actuacións, por vez primeira seleccionadas por concurso público. As cías. da cidade teñen tamen a oportunidade de estrear no Auditorio Municipal.(Antes... onde podían).
-Potenciación do ALT(Festival de Teatro Alternativo, a pesar do recorte da Agadic(Xunta) dun 50% do orzamento).
-Concertos no Pazo de Castrelos dos mellores grupos seleccionados polos Conservatorios da cidade para a súa promoción(tamén en colaboración con Patrimonio Histórico):12 semanas,12 concertos.
-Retirada, por fín,dos símbolos franquistas da Casa das Artes, e Monolito da Memoria no Calvario.
-Festas de Vigo: por moito que digan, non existían, mais alá de 4,5,ou 6 concertos en Castrelos e pouco mais.Convido a contrastar os programas. A falta de identidade ata en isto.Vigo converteuse en referente de grandes concertos, tamén no Ifevi, e non resisten ningunha comparación anterior, os nomes que nestes anos pasaron por alí. Concerto do Marisquiño no Auditorio de Castrelos. E ampliando, ata circo, en Castrelos, o Circo Acuático en Coia, e o Circo de los Horrores en Samil.
-Semana Grande: só existía para os bancarios. Da entelequia pasouse a realidade. Non había nin Pregón. Hoxe, ademais de Pregón hai cinco plazas con espectáculos simultaneos: A Praza da Constitución con actuacións variadas, a Praza da Estrela para grupos musicais da cidade, o Castrocativos para os nenos, con todo tipo de xogos e teatro diario, a Praza de Compostela para o folk, e na rúa Londres, cine. E un mercado de artesáns no barrio histórico.
De seguro, deixo cousas sen citar.
Quero supoñer que isto sí é a coordenación, a potenciación, a reordenación, a protección,o apoio e converter Vigo en referente. E pódese facer mais. Só é cuestión de ter ideas, traballalas e poñelas en práctica. Porque ademais de realizar actividades culturais e lúdicas para que os veciños de Vigo as disfruten, son formas de dar traballo, xerar emprego, turismo, dar vida ao pequeno e mediano comercio, dar vida a cidade e o barrio histórico. Os xornais, non eu, sinalaban o ano 2010 como, tamén por primeira vez, o turismo quedaba en Vigo, e non só polas praias, a ría e a paisaxe,que tamén.
O anterior é Industria Cultural e transversalidade(Para próximas copiadelas).
E non é cuestión de opinións senon de feitos, porque promesas predican moitos e poucos poden demostrar realidades, sobre todo quen xa tivo a ocasión e non as realizou.
Non sei se aprobará, pero polo de pronto imos ver se copiando aprendemos algo algo mais que a lista recitada (dos reis godos) da cultura.

Ningún comentario:
Publicar un comentario