21/06/11

TEÑAN COIDADO AÍ FÓRA¡ :UNHA DE PIRATAS

A conversión da Caixa galega en banco ten e terá moitas consecuencias para o país: é unha demostración mais de que as políticas económicas do PP e o PSOE son iguais e da súa sumisión aos dictados da gran banca española e o FMI. Un atraco legal do que os culpables saen sen pena e case todos con gloria: Feijoó pasará a historia como o Presidente da Xunta que contribuíu a que o goberno galego non teña competencias financeiras -sobre as caixas as tiña, sobre un banco ningunha-, Zapatero e Rajoy como os pactistas de entregarlle todo o mercado aos bancos, e os PPdaquí e PSOEdaquí, os seguidistas políticos do que en Madrid decidan. Paradigmático este caso das caixas: nunca estiveron dacordo en nada, estando dacordo en todo. Desde a burla da manifestación do Alcalde de Vigo que hoxe ninguén recordará, nin a burla do recurso de inconstitucionalidade que a Xunta de Feijoó presentou contra o Decreto de Bancarización do Goberno Central, mentres hoxe aplaude coas mans e as orellas a bancarización. Todos teñen a razón, e  ningún terá consecuencias políticas que pagar. E mais, o convocante da manifestación é alcalde de novo e con mais votos e concelleiros. Onde está Caixanova?. Impórtalle a alguén o que dixo ou quen sexa o dono?.
O mesmo Sr. Castellano, o novo apóstolo, creo que naceu en Acoruñavigo por orde alfabética, e a galego non lle gana nin jaioso.
Tamén é a demostración de que o nacionalismo galego non ten poder suficiente mais alá da denuncia, incluso arriscando nos resultados electorais: o partido das caixas xogábase en Vigo, nin en Pontevedra nin en A Coruña. Perdéronse moitos votos, despois de levar ata no carnet de identidade . Ética e decencia, sen poder para cambiar a realidade.
Falar da galeguidade dun banco é como falar de cal é a patria dos piratas. Decir que estará o servicio de Galiza é como pedirlle os piratas que enterren aquí o tesouro a vista de todos.
Os piratas xa son os donos do negocio e farán co tesouro o que mellor lles pete: incluso venderllo aos chineses. Xa vexo a Abel convocando outra.
-Sobre a obla social e cultulal das caixas, outlo día-.
Teñan coidado aí fóra¡.

Ningún comentario:

Publicar un comentario