
*GALIZA:(LA VOZ:19-06-11)Víctor F. Freixanes :O galego na TVG<A creación da CRTVG, e non é a primeira vez que o dicimos, foi sen dúbida o acontecemento e a ferramenta política máis útil na construción da Galicia moderna, logo da aprobación do Estatuto de Autonomía en 1981...A lingua galega é a que lle dá identidade e a xustifica...¿Mudou a sociedade? Por suposto. Mais non para minguar a presenza do galego no medio público, máis ben ao contrario. ¿Onde vai a Radio Catro de RNE, por exemplo, tamén pagada cos nosos impostos? ¿Non pagamos tamén a RTVE, o Ministerio de Asuntos Exteriores (que debería asumir a representación desta identidade nosa, non agochala), a Administración estatal, burocracias duplicadas, servizos de todo tipo, incluídas as institucións políticas europeas? ¿U-lo idioma dos galegos en todo isto? ¿Por que non esiximos tamén nestes casos a nosa presenza, na medida en que o Estado o configuramos todos? Perdemos posicións no ensino. Mermaron espectacularmente os recursos para o necesario desenvolvemento da política cultural e lingüística. Cando máis forte e poderosa é a oferta global, máis fráxiles somos. E agora queremos volver atrás. Semella que, tocante á lingua, cando non hai nada que dicir nin outras ideas que expresar, todo vale. ¡Leña ao moneco, que é gratis!>.
Que lle conten a Roberto Luís Blanco Valdés que o Estado o configuramos todos,incluido o xornal no que escribe con fondos do Estado de todos.
*GALIZA:<Manuel Dios Diz:"O de Arteixo non o podo crer":Calquera que seguira con certa atención o acontecido no Colexio Novo de Arteixo durante este curso académico en relación co lamentable asunto do veo islámico (hiyab), quizais comprenda mellor este final...Estamos a falar do que pasou no derradeiro día de curso escolar para a nena de 12 anos, galega e musulmá, Ikhlasse Hakim. Remate das clases. Entrega das notas. Nervios. Festa. Ela ten un bo expediente académico (e outro aberto polo centro por incumprir o Regulamento de Réxime Interno por canto asiste ás aulas con hiyab). Festival de fin de curso, como en tantos colexios e institutos de Galicia. Día de abrazos, despedidas, choros. Máxime si, como Ikhlasse, rematan a Primaria. Para o curso que ven irán ó Instituto. Pero quizais non ó mesmo. A familia da cativa xa está pensando en mandar a nena para Casabranca como resultado de tanta civilizada e democrática tolerancia...Neste escenario, precisamente neste, con malas formas, sen pensar na nena, nos seus sentimentos, nin un minuto (ou pensando en facer o maior mal posible), José Luis Fernández Pardo, director do Colexio Novo de Arteixo, impedía o acceso da cativa á festa organizada polos seus compañeiros.Parece difícil maquinar algo tan cruel contra dunha nena de 12 anos. Non obstante, si analizamos con calma o acontecido durante todo este tempo, non hai lugar para as sorpresas. O principio de autoridade do director está salvado. O expediente disciplinario aberto chegou ós seu punto omega. No último segundo, para que quede claro quen manda. A nena indisciplinada, a nena rebelde, a cativa que ousou vulnerar o RRI, aínda que fose con efectos retroactivos, tivo o seu castigo merecido. O triunfo das normas. E para que se enteren, un escarmento...Con todo, a Consellería insiste en que "se actuou conforme a dereito"...Sen notas. Illada dos seus amigos e amigas, castigada sen poder asistir á festa final. Excluída, segregada, discriminada, sen compaixón. ¿quen pode amparar tamaña crueldade?. ¿quen o permite? ¿quen o avala?.. Percíbese un cheiro a podre que invade desde Arteixo a Galicia enteira. Cheira a racismo, a islamofobia, a intolerancia, a brutalidade inquisitorial, a outros tempos, pero sobre todo, cheira a chulería, a prepotencia, a vergoña allea, a indignación.>
Non o podo crer¡
*GALIZA(Altermundo.org-Alberto Garzón Espinosa)<O pacto do euro: a nova ameaza neoliberal...A seguinte fase do plan de axustamento neoliberal é o pacto do euro. Un pacto contra o que a sociedade debería situarse claramente, e ningún sindicato debería transixir o máis mínimo. Perder nesta trincheira será entrar nunha nova idade media.Pero, cales son os puntos básicos deste pacto? A continuación os máis destacados:
.• Evolución dos salarios paralelos á produtividade. Trátase de conxelar a relación actual de salarios e produtividade, por certo sen ter en conta que durante estas últimas décadas a produtividade subiu moito máis rapidamente que os salarios.
.• Impulso ao emprego a través de reformas fiscais e mantendo ingresos totais. Iso significa que os impostos directos caerán e subirán os indirectos. Probabelmente vexamos unha subida do IVE e un descenso nas cotizacións sociais. Dado que as cotizacións sociais son parte do salario, estamos fronte a outra rebaixa salarial máis.
.• Finanzas Públicas. Reformas no sistema de pensións, que como sabemos xa se aplicou parcialmente en España pero que continuará nos vindeiros anos. Ademais, entraremos nun período de cuestionamento máis intenso da sanidade e educación pública, e veremos medidas como o Copago –que debería chamarse Repago–, diminución de prestacións sociais e moitas máis privatizacións –lembremos que xa comezou a de Renfe, AENA e as Lotarías.
.• Estabilidade Financeira. Loita contra a fraude, que é unha medida sen dúbida acaída pero da que hai que sospeitar –por exemplo, incluirán os paraísos fiscais?–, e coordinación de políticas fiscais pero sen establecer unha Unión Fiscal como sería o máis apropiado. Ademais, probabelmente veremos dita coordinación como unha converxencia á baixa.
.•Control do déficit. Unha das maiores aberracións do pacto a nivel legal. Os Estados comprométense a establecer por lei ,ou até constitucionalmente, medidas que limiten o déficit fiscal. É dicir, tratan de blindar a través da lexislación un determinado abano de políticas económicas.
Hai que coordinarse cos movementos contestatarios de toda Europa para construír un modelo alternativo de sociedade baseado en principios de esquerdas. E para facer todo iso debemos concentrarnos en reverter a actual relación de forzas, dedicando as nosas enerxías a atopar puntos en común entre as "múltiples esquerdas" e abandonando a sempre terríbel sensación de que nos gusta máis ter inimigos que amigos.>
Atopar os puntos en común¡
*GALIZA:(EL PAÍS:19-06-11)<Máis indignados súmanse á segunda onda de protestas.A marcha de Vigo, a máis numerosa, multiplicou as cifras da primeira convocatoria do pasado 15 de maio. Segundo a Policía Local, esta vez foron 5.300 persoas. En Santiago participaron preto de 3.000 e na Coruña, 4.500. "Sen ningún incidente", informaron os servizos municipais.O eixo central de todas foi o rexeitamento ao pacto do euro que se asinará o 24 de xuño en Bruxelas. No acto colectivo de reflexión final, a modo de asemblea, os indignados volveron reivindicar a rexeneración democrática e o uso de receitas sociais para terminar coa crise económica. "As medidas supostamente encamiñadas a axudar na recuperación debilitarán o Estado do Benestar e ás clases populares beneficiando aos responsables da crise como grandes bancos".>
Manifestacións históricas en todo o Estado. Pensar e pensar.
*GALIZA-SPAIN:(O XORNAL:22-06-11)<A reforma laboral que o FMI esixe a España segue as máximas da patronal.O Fondo Monetario Internacional (FMI) optou onte pola vía da presión para, sen deixar de aplaudir as reformas de Zapatero, reclamar medidas máis “valentes” de cara a “armar” as bases da recuperación económica. Bases que pasan, ao seu entender, por modificar o mercado laboral ao gusto da patronal empresarial española (CEOE). O FMI considera que só abaratando o despedimento e desligando os salarios do IPC España poderá abandonar unha posición de “risco”.>
A matanza do porco:PIGS (Portugal, Irlanda, Grecia, Spain).
*SPAIN.(EL PAÍS:19-06-11)<IU obvia á súa dirección e decide deixar que o PP goberne en Estremadura.A reunión, de case catro horas, que se suman ás 10 do día anterior, concluíu co peor escenario posible para a dirección nacional de IU e para o PSOE, e o mellor para o PP: por 28 votos a 19, un 60-40%, o Consello Político decidiu que os tres deputados de IU absteranse e deixarán así que goberne o candidato popular José Antonio Monago, que foi o máis votado nas eleccións do 22-M e quedou a un escano da maioría absoluta.O éxito definitivo de Mariano Rajoy nas eleccións autonómicas e municipais rematarase así cun inesperado poder en Estremadura...Lara, en ton moi dramático para que os dirixentes comprendesen a gravidade da decisión que estaban tomando, chegou a recordar un dos sucesos máis brutais da Guerra Civil, o asasinato na praza de touros de Badaxoz de centenares de republicanos, para pedir que non se votase ao PP, que está en contra da Lei de Memoria Histórica e choca frontalmente coa cultura política da que vén IU...“A Cayo Lara só faltoulle chorar para pedirnos que apoiásemos ao PSOE, pero a xente viña xa moi decidida dos pobos?, aseguraba á saída un dirixente...?decidimos abrirlle a porta ao dóberman, xa veremos que fai?, ironizaban outros. Os partidarios da investidura de Vara estaban abatidos. ?Isto non o vai a entender ninguén, nin dentro e desde logo moito menos fose de IU?, lamentábase un.>Iñaki Gabilondo:"a esquerda sempre é máis boba e a dereita máis lista. A esquerda é capaz de xogar contra os seus intereses, pegarse tiros no pé, porse a se mesma a cambadela, cousa que a dereita non fai xamais. Exemplos hai moitos. O último, a parábola do socialista estremeño, quen, decepcionado co PSOE, convencido de que estaba viaxando cara á dereita, decidiu castigarlle votando á esquerda estremeña. E a esquerda estremeña abstense de forma que permite que goberne a dereita".>
Pedro Escobar, coordinador regional y diputado autonómico de IU:"IU es una novia muy reclamada que decide no acostarse con nadie. Es el pecado que ha cometido, no pactar con nadie".
*SPAIN:(PÚBLICO:19-06-11)<Juan Carlos Escudier:Botín nunca defrauda.A Audiencia vai investigar se é delito que a Emilio Botín e a esa prole súa tan pródiga como a de Proserpina, formada polo seu irmán, os seus cinco fillos e os seus cinco sobriños, esquézaselles declarar a Facenda unha parte dos seus aforros, o cal sería disculpable xa que non se pode estar pendente de xestionar o maior banco do mundo, sacar brillo á fortuna persoal e á herdanza do avó, asesorar ao Goberno nas súas reformas e, ademais, cumprir coas obrigacións tributarias sen ter un descoido...É curioso que o Santander queira ser o noso banco pero non logre atraer á familia do seu dono, que para cumprir coa tradición tiña a pasta no HSBC de Suíza, a salvo de miradas indiscretas nas súas famosas contas opacas...Se alguén quixo facer un favor a Don Emilio podíallo aforrar. Este cidadán exemplar cre cos ollos pechados na Xustiza e está por nacer aquel que lle gañe un xuízo. Defraudador? Aposten a que máis tarde que cedo a súa inocencia resplandece.>
Cidadáns exemplares, xente de orde, de comunión diaria,distinguidos cidadáns...
*MUNDO(Rebelión.org:25-06-11)<¿Crise terminal do capitalismo?.Leonardo Boff":Sosteño que a crise actual do capitalismo é máis que conxuntural e estrutural. É terminal...Cada vez máis persoas, especialmente novas, non aceptan a lóxica perversa da economía política capitalista: a ditadura das finanzas que, vía mercado, somete os Estados aos seus intereses, e o rentabilismo dos capitais especulativos que circulan dunhas bolsas a outras obtendo ganancias sen producir absolutamente nada a non ser máis diñeiro para os seus rentistas...as rúas de varios países europeos e árabes, os "indignados" que enchen as prazas de España e de Grecia son expresión dunha rebelión contra o sistema político vixente a remolque do mercado e da lóxica do capital. Os mozos españois gritan: «non é unha crise, é un roubo». Os ladróns están fincados en Wall Street, no FMI e no Banco Central Europeo, é dicir, son os sumos sacerdotes do capital globalizado e explotador>.
-PREGUNTA:Three Mile Island, Chernóbil, Fukushima, pódese precisar o día e hora exacta na que comenzaron, pero cando rematan?.
PAROLE¡ PAROLE¡:
-Jannette Michael, cristián ortodoxa, alcaldesa de Ramallah:“Os palestinos decidimos que queremos ter o noso Estado dunha vez por todas, e estamos traballando para iso, pero o mundo non nos entende, porque os israelís móstrannos como "terroristas"; pero non somos terroristas, simplemente somos un pobo reclamando os nosos dereitos".
-Javier Valderas, edil de IU en Lepe: "Cuando alguien es republicano, no puede jurar por alguien(el Rey)que gana nueve millones de euros en un país con cinco millones de parados".
BÁRBAROS:
-Carlos Negreira - Alcalde de A coruña (PP): «Paco Vázquez me ha animado a poner La Coruña en valor».
-Pablo Molina:"¿Hay gilipollas en la izquierda?...Parecería por tanto que entre las filas de la izquierda no existen gilipollas, pero sin embargo basta una mirada desprejuiciada a los personajes que fungen como líderes de opinión de ese submundo, sus declaraciones y sus conductas públicas, para darse cuenta de que no sólo hay gilipollas en el progresismo, sino que se trata de la categoría más extendida al menos en sus estratos hiperbóreos".
Ningún comentario:
Publicar un comentario