Sesenta e catro anos despois de que a ONU a través da resolución 181 que en 1947 decidira a partición en dous Estados do entonces Mandato Británico en Palestina e pola que aos xudeos se lles adxudicou o 56% do territorio, aos árabes o 43%, e Xerusalén declarada entidade especial administrada pola ONU, só existe unilateralmente, Israel.
Sesenta e catro anos despois, a unilateralidade da ONU, dos EEUU, de Israel e dos seus cómplices, non existe Palestina, como Estado independente e soberán. A ONU incumpre a súa resolución, sendo a máxima responsable desta situación inxusta e do éxodo palestino.
Sesenta e catro anos despois, o suposto Estado Palestino sería moito mais pequeno que o asignado en 1947, porque en 1967, Israel ocupou militarmente Xerusalén Este, Cisxordania e Gaza, e desde esa data os palestinos non teñen nin un solo metro independente e soberán no seu fogar histórico, tendo que aceptar que ao pobo palestino se lle asigne o 22% da Palestina histórica.
Sesenta e catro anos despois Israel e os seus cómplices, unilateralmente, intentan que o mundo olvide que Israel basea a súa legalidade e lexitimidade internacionais na resolución 181 dese mesmo organismo, dilatar no tempo a existencia dos palestinos, para continuar co xenocidio a súa desaparición total como pobo, as políticas de apartheid, e ocupación ilegal do territorio.
Sesenta e catro anos despois, o voceiro para Galicia do Estado fascista de Israel, o Sr.Pedro G.-Valadés afirma:<Israel non se opón en absoluto á creación do estado palestino>, <Israel...desexa a paz>,<un paso unilateral como este vai en contra de todos os acordos asinados até a data entre o Estado de Israel e os palestinos e poden levar a toda a rexión a unha situación incendiaria>,<Recoñecer nestes intres ao estado palestino, cando de feito hai un goberno de unidade Fatah-Hamás, é tamén un xeito de lexitimar a Hamás, unha organización terrorista>,<a cuestión realmente non é que Israel ou a ONU recoñezan ao estado palestino, senón que os palestinos e os países árabes recoñezan ao estado de Israel>.
O mundo o revés¡.
Ten razón o Sr. Pedro G.-Valadés cando sinala que"A historia demostra teimuda que o único xeito de alcanzar unha paz xusta e duradeira é a das negociacións ou ben a eliminación do contrario". Negociacións houbo a ducias e desde a primeira resolución a 181 todas falsas e incumpridas. Israel dilata as negociacións, incumpre as resolucións internacionais sesenta e catro anos, e opta pola vía da eliminación dos palestinos, polo apartheid, polo xenocidio.
Tamén pola vía das ocupacións ilegais do territorio. As colonias israelíes son ilegais segundo o Dereito Internacional Humanitario que rexe para o territorio palestino.O IV Convenio de Xenebra (art. 49) prohíbe ao poder ocupante trasladar parte da súa poboación ao territorio ocupado. Reiteradas resolucións da ONU afirman desde 1967 que as colonias son o principal obstáculo para a paz.
Por que Israel e os seus voceiros non queren un Estado Palestino e chaman unilaterais, terroristas ou acusan tamén a histórica solicitud palestina como "unha inminente ameaza para a paz no Oriente Próximo"?:
-Ser un Estado permitiría a Palestina, demandar a Israel ante a Corte Internacional de Xusticia, que só pode tratar asuntos presentados por un Estado contra outro, pero que en 2004 emitíu unha “opinión consultiva” sobre o Muro( Barreira de Separación que Israel empezou a construir en 2002, co 85% dentro de territorio palestino), categóricamente favorable a Palestina e condenatoria de Israel.
-Israel xa non podería afirmar que Palestina é “un territorio en disputa”, tería que definir as súas fronteiras definitivas (algo que casualmente ten pendente)e aceptar o que hoxe nega : que o territorio da Palestina histórica debe ser compartido por dous pobos cos seus respectivos Estados(resolución 181 da ONU).
-Poñería a ONU diante da complexa situación dun Estado membro ocupando o territorio doutro Estado membro (ainda que non fora pleno).
-Non hai Estado sin recuperación e control pleno do territorio, sin soberanía nas fronteiras e sin liberdade de movemento entre os tres grandes bloques territoriais, hoxe totalmente desconectados entre sí: Gaza, Cisxordania e Xerusalén Este.
-O dereito á autodeterminación non pode exercerse nun Estado reducido e fragmentado nos 500 "bantustanes"-reservas tribales de habitantes non blancos en Sudáfrica e África do Sudoeste polas políticas segregacionistas impostas durante a época do apartheid- que pon en práctica a ocupación sionista.
-Israel tería que retirar as 250 colonias ilegais que hoxe ocupan o 42% de Cisxordania, e derrubar o Muro.
A Asamblea Xeral da ONU o 22-11-74, reafirmou os dereitos inalienabeis do pobo palestino, que incluían a autodeterminación, a independencia e a soberanía nacionais, o dereito a regresar os seus fogares e a recuperar os seus bens. Estos dereitos reafírmanse cada año, tal e como foron enunciados en 1974.
En 1975, la Asamblea Xeral estableceu o Comité de Dereitos dos Palestinos, e en 1976, o Comité fixo dous tipos de recomendacións:un, sobre o dereito dos palestinos a regresar os seus fogares e recuperar os seus bens e outro relativo á autodeterminación, á independencia nacional e á soberanía. O Consello de Seguridade non puido adoptar unha decisión a causa do veto de EEUU, igual que ocurriría en sucesivas ocasións. A Asamblea Xeral respaldou as recomendacións do Comité tanto en 1976 como nos anos seguentes. Na resolución 43/177, de 15 de decembro de 1988, a Asamblea Xeral da ONU coñeceu a proclamación do Estado de Palestina e afirmou a necesidade de que se permitiera ao pobo palestino exercer a súa soberanía sobre o seu propio territorio ocupado desde 1967.
Onde está a unilateralidade.? Ou non é o veto unilateral?
Recollo o seguinte artigo,O discurso de Obama sobre Palestina¡Míster President!, publicado por rebelión.org de Marc H. Ellis(profesor universitario de Estudos Estadounidenses e Xudeos e director do Centro para Estudos Estadounidenses e Xudeos na Universidade Baylor University en Waco, Texas).
(Recomendo ao Sr. PedroG.-Valadés e amigos cambien presidente polo seu nome).
<A pesar de todo, teño unha pregunta básica. E formúlolla como xudeu... cre realmente as súas propias palabras sobre o recoñecemento do Estado palestino? Estou fascinado, señor presidente. A súa discusión sobre o recoñecemento do Estado palestino xira sobre todo ao redor do Estado de Israel, a historia xudía e o Holocausto. Por que?... Sermonea, desde a perspectiva xudía, sobre por que Israel é importante para os xudeus. Recita o que case se converteu en rutina na miña comunidade. Ten razón cando fala de séculos de exilio e persecución, a devastación do Holocausto e o retorno á nosa antiga patria.
E logo vólvese cara aos palestinos. Escoito con expectación. Pero, señor presidente, déixame desilusionado. Parece que na súa interpretación histórica, os xudeus, o Holocausto e a historia xudía simplemente caen sobre os palestinos. Ou máis ben, existe a historia xudía, e logo están os palestinos, que tamén merecen un Estado. O feito de que os xudeus haxan dislocado aos palestinos e tomado a súa terra parécelle algo trivial. De feito, vostede nunca o menciona. Vostede non utiliza o termo"limpeza étnica", o que sucedeu aos palestinos ao crearse o Estado de Israel. ...Si, os xudeus levan ao lombo séculos de exilio e persecución. Os xudeus europeos sufriron a masacre de seis millóns. Seino como xudeu. Crecín con eses recordos. Pero, señor presidente, como neno que aprendeu a nosa historia, nunca imaxinei que os xudeus utilizarían eses séculos de exilio e persecución, os nosos seis millóns de mortos, como un instrumento brutal contra outro pobo. Nunca. Nin na miña máis desatinada imaxinación. ¡Non!
Ao escoitarlle pensei en como terminan as cousas. Como terminou a historia xudía, en limpeza étnica e ocupación.
Pero, señor presidente, isto tamén pode ser o noso comezo. Ese comezo só terá lugar cando xudeus e palestinos digan xuntos a verdade. E, si, tal vez algún día, fágao o presidente de EE.UU.>
E tamén algún día, diga a verdade o Sr.Pedro G.-Valadés, e os seus amigos.
*Con horror e espanto vexo un comentario en GC, ao artigo do Sr.Pedro G.-Valadés que dí:<O nacionalismo galego e a defensa de Israel non están reñidos>.
O nacionalismo galego está contra o xenocidio, a masacre, o apartheid, e contra todos os crimes perpetrados polo fascismo. Loitamos polos dereitos dos pobos a vivir e non polo xenocidio que Israel hoxe representa.

É claro que o senhor Pedro Gómez Valadés não se importa rem do nacionalismo galego nem farrapos de gaita. Ele é um infiltrado cumprindo uma missão: a defesa da causa sionista.
ResponderEliminar