NUN PRESENTE FUTURO:
*O Parlamento vasco proclama o dereito de Euskadi á autodeterminación:
O Parlamento vasco aprobou unha proposición non de lei de EH Bildu cos votos de PNV e EH Bildu, que"Euskal Herria ten dereito á autodeterminación e que ese dereito reside na potestade dos seus cidadáns para decidir libre e democráticamente o seu estatus político". A iniciativa sinala que os vascos teñen dereito a decidir o seu "estatus político, económico, social e cultural, ben dotándose dun marco político propio ou compartindo, en todo ou en parte, a súa soberanía con outros pobos". Pola súa banda, PSE, PP e UPyD rexeitaron a proposta.
NUN PRESENTE PASADO:
*<Podemos Vigo decidirá en asemblea se o galego é o seu idioma de uso público: O galego como a lingua pública das diferentes organizacións políticas e sindicais, para alén da práctica real e diaria de boa parte delas, é un dos escasos campos nos que ese uso do idioma propio non está en discusión. Así, cartelería, declaracións públicas, comunicados, etc... de partidos e organizacións políticas están en galego. Por iso a moitos chocou que unha nova formación, situada na esquerda, fose quen irrumpise en Galiza cunha presenza maioritariariamente en español por parte dos seus propios círculos no país. Cartelería, declaracións, voandeiras...
Nunha acta da xuntanza mantida esta semana pola coordenadora de Podemos en Vigo tiña entre un dos seus puntos, o sexto, “la cuestión de la utilización del idioma gallego”. Un tema que, sinalábase nunha nota aclaratoria posterior e xa escrita en galego, soborda a competencia da propia coordenadora (en principio, partidaria do galego) polo que o acordo será tomado en asemblea, “á que tamén asistirá xente que defende a posición contraria”. Así pois, nunha asemblea haberá quen defenda o galego como ese idioma público de Podemos en Galiza, e tamén quen defenda o contrario. Na mencionada nota aclaratoria a coordenadora sinalaba: “O sentir maioritario na mencionada coordinadora é o de promover o uso do galego nos nosos comunicados públicos e redes sociais, ó considerar que a invisibilización á que se atopa sometida á nosa lingua colócaa nunha situación de inferioridade respecto ao castelán, e entendendo que esta decisión pode ser máis acorde cos acordos programáticos de Podemos”. Mais, prosegue, debe ser a asemblea quen decida, nun debate no que haberá valedores das diferentes posturas.>(Sermos Galiza)
Ningún comentario:
Publicar un comentario