
Cun boletin oficial como
"faro" suficientemente engrasado e cun machaque propagandístico
pagado teleradiovigués.( <Yo tengo programas en televisiones y radios, no
trucados>).
Como pseudofilosofía: humanizar,
entendida a humanización como enlosetar e adecentar rúas. E como arma: a quen
non esté para glorificarme, nin auga.
Cando lle interesa é militante do
seu partido, pero pasa das súas decisións cando non concordan cos seus
intereses, como no caso das incompatibilidades de compartir cargos,
(<Mucha gente en la
ciudad me dice que "es la primera vez que voto al PSOE, pero lo voté a
usted no a su partido".>)., ou cando o Psoe( Pepiño Blanco) non apoiou
Vigo como Porto Nodal.
O noso idioma, o oficial do
concello de Vigo, o emprega moi de cando en vez, e proba delo son as roldas de
prensa, ou os seus programas de tv. e radio. Pero cando toda a equipa do Celta
súmase a unha campaña a prol do galego, a apoia porque "o galego ten que
estar no lugar que merece".
Cando lle convén, as realizacións
da anterior parte nacionalista do seu goberno bipartito son do "seu
goberno"(rehabilitación do Vigo Vello ou Auditorio Muncipal), cando non,
as fai desaparecer. (<en su lista de logros incluyó la actuación de
la artista Patti Smith, una roquera de Chicago que el pasado año, 18 de julio
del 2010 hizo las delicias de los vigueses>.)

No seu paroxismo delirante chega a desfilar nas Cabalgatas de
Reis, entre as carrozas, como o rei que lle gostaría ser, repartindo caramelos
a mans cheas.
Esta cidade segundo "o
emperador" ten todo o millor do mundo en toda a súa historia, grazas a él, exclusivamente. Da igual que
sexan Festas, que Auditorio, sardiñadas ou o Celta, todo é o millor da historia.
Nun concello con superavits anuais de 5 millóns de euros, e
que adianta o pago das débedas aos bancos, estes son exemplos da súa política
"social":
*Antes de que o orzamento municipal estea en vigor, o goberno
socialista xa ten listas as bases para o reparto das axudas coñecidas como
cheque social, implantado por primeira vez o ano pasado a proposta do BNG.
Nesta segunda edición, o alcalde deixa as axudas en só 2,1 millóns de euros
cando no 2013 a partida totalizaba 3,2 millóns de euros, aínda que en realidade
o Concello non gastou todos os cartos nas axudas aos máis necesitados. Unha
parte directamente quedou sen utilizar e outra se destinou a publicitar o
programa. O goberno de Abel Caballero decidiu curarse en saúde ante a
previsible avalancha de solicitudes para cobrar o cheque social, unha axuda que
o Concello puxo en marcha o ano pasado por iniciativa do BNG para resolver
situacións de especial gravidade. Con 35.000 desempregados e 3.000 expedientes
de axudas de urxencia bloqueados, o Concello elevou de ún a tres anos o tempo
de empadroamento para poder acceder a estas axudas para casos extremos.
Paralelamente, reduciu sensiblemente a partida económica destinada a este
programa. Si no 2013 presupostáronse 3,2 millóns de euros, este ano
limítase a 2 millóns (un 37,5 % menos), aínda que directamente só entregaranse
1,8, e os outros 200.000 euros quedan en reserva por si hai reclamaciones que
son aceptadas, o recorte superará o 43 %. Na escala inferior, unha persoa soa
non pode gañar máis de 200 euros libres, unha vez descontados ata 150 polo
aluguer. Xa que logo, si gaña 360 queda fóra, o mesmo que si son 250 e non
xustifica aluguer. No extremo superior, unha familia de seis membros non pode
ingresar máis de 575 euros ao mes, descontados ata 400 polo aluguer.
O
ano pasado, o primeiro do cheque social, calquera persoa empadroada en Vigo cun
ano de antigüidade, podía solicitar esta axuda. No 2014 as cousas cambiaron:
todos precisan tres anos de empadroamento, e os inmigrantes estar en posesión
do permiso de residencia, algo que non precisan para escolarizar aos seus
fillos, por exemplo. Pese a iso, a Alcaldía de Vigo nega, a través dun escrito
remitido a este xornal, que exista «discriminación».
*O caos
nas axudas sociais solivianta ao persoal de Benestar: Non existen
precedentes no Concello vigués de que todos os traballadores dun departamento
(xefes excluídos) diríxanse ao alcalde para denunciar a grave situación que
atravesan. En concreto, alertar do colapso do servizo de axudas sociais, da
grave lista de espera existente. Iso é o que fixo a totalidade do persoal de
Benestar Social, que a mediados de maio asinaron un escrito dirixido ao alcalde
para solicitar unha entrevista, petición que ata agora non ten resposta. En
concreto, denuncian que en atención primaria a espera supera o mes, pero que no
servizo de inclusión social alárgase a cita ata seis meses, co que conleva de
ineficacia e de tensión para os demandantes. Igual de grave é o panorama que
pintan para a tramitación de solicitudes, explicando que existen «pendentes de
tramitación desde fai catro meses, incumplindo ampliamente os prazos legais
establecidos». Desta forma recoñecen a veracidade das denuncias que desde fai
tempo realizan colectivos sociais, principalmente a Oficina de Dereitos Sociais
de Coia, que hai pouco alertó da existencia de 3.000 solicitudes de axudas de
urxencia pendentes de tramitación.
(Continuará)
(Continuará)
Ningún comentario:
Publicar un comentario