O XORNAL(08-02-11):PARLAMENTO DE GALICIA:
"O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asegurou hoxe "seguir" a traballar para loitar contra o desemprego en Galicia "a pesar das poucas competencias en materia de emprego, por non dicir practicamente ningunha" que ten o Goberno... para cargar esencialmente contra o presidente do Goberno central, José Luis Rodríguez Zapatero, cando o voceiro parlamentario do BNG, Carlos Aymerich, e o secretario xeral do PSdeG, Manuel 'Pachi' Vázquez, o instaron a "facer algo" despois de que Galicia "liderase" a destrución de emprego en 2010".
O Presidente da Xunta nin sabe en que materias ten competencias o seu goberno.Todas as transferencias en políticas activas de emprego,formación e fomento son competencia da Xunta.
É o mesmo Feijoo que no mesmo Parlamento ,o 12 de novembro de 2008, decía:
"O FRACASO DA SÚA POLÍTICA ECONÓMICA SE MIDE NO NÚMERO DE PARADOS NO INEM". A frase ía dirixida ao bipartito.
Son as cousas da memoria selectiva de Alberto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario