12/02/11

A SEMANA FANTÁSTICA UNIVERSAL(06-02-11 a 12-02-11)

*EXIPTO:O pobo exipcio bota (con b) a Hosni Mubarak.
*SPAIN: Francisco González Presidente do BBVA,despois de que o seu banco obtivera uns beneficios no 2010 de 4.606 millóns de euros:”PROBABLEMENTE VAMOS A COMPRAR COSAS EN ESPAÑA.CLARO QUE HAY OPORTUNIDADES Y ALGO HAREMOS”.
Evidentemente non está a falar de ir a sección de oportunidades do Corte. Que se preparen as Caixas,que ven o lobo, da man do PP e do PSOE,guiados polo Banco de España.
(Por certo Francisco”Paco” González declarou que,persoalmente, no 2010 gañou 5'3 millóns de euros).

*SPAIN:Xa que en Madrid andan moi preocupados polo descontrol no gasto das Autonomías, e teñen a Aznar de profeta da recentralización, algúns números:
A débeda pública en España:
-44'1% da Administración Central.
-10'2 %  das Comunidades Autónomas
-3'4 %  dos Concellos.
O que eu supoñía :ou non saben sumar,ou UNHA,GRANDE...e (o de libre é segundo a conta bancaria que teñas).
*SPAIN: Os axentes sociais que asinaron o Acordo Económico e Social,recibidos por Juán Carlos de Borbón y Borbón. Fontes da Zarzuela non poideron confirmar si os axentes sociais explicaron o monarca español,canto vai perder cando se xubile, e cando será a súa xubilación. A monarquía con este xesto ponse a favor das rebaixas nas nosas pensións. Neutral.
*VIGO: Pleno do Concello o 07-02-11:Moción do grupo Municipal do BNG:Opoñerse a privatización das Caixas,apostar por manter o actual modelo de caixas,e instar a Xunta a defendelo.
PP voto en contra,PSOE abstención. Rexeitada a moción.
Para os que non tiñan claro que PP e PSOE pensan o mesmo aínda que voten diferente, e seguen a facer o que lles mandan en Madrid.
*GALIZA:FEIJOO9,dí no Parlamento de Galicia, que a Xunta non ten competencias en Emprego.Non víu o Estatuto nin polo forro.A súa famosa frase"O fracaso da súa política económica mídese no número de parados no INEM",que dirixíu no mesmo lugar ao bipartito,foi :"sin querer".Entre Feijoo9 que non lé,e Rajoi que non entende a súa letra,estamos apañados.
*GALIZA: segundo o Ministerio de Sanidad,Galiza ocupa o último lugar do Estado en servizos e prazas para maiores,non só en residencias xeriátricas,senón en centros de día.
Por cada 100 galeg@s maiores de 65 anos hai dispoñibles 2'47 prazas.
No resto do Estado a proporción é de 4'44.
Unha mais e van...
*ALGUNHAS DIFERENCIAS ENTRE ALEMAÑA E SPAIN:
Ademais de que Alemaña é República e tamén é Federal, ningún político alemán ten a ocurrencia de decir que o problema está nos"LÄNDER", nin cargarse as caixas.Os 450 Ländersbanken, caixas de aforro locais de pequeno e mediano tamaño que alí existen,recibiron nos dous últimos anos,medio billón de euros do Estado.

(Gústame moito cando vexo na tv. o anuncio do AVE,trén de alta velocidade, que aquí todavía non temos.¿Sadismo?).

Ningún comentario:

Publicar un comentario