Atopei hoxe un artigo de Marcelo Justo, BBC MUNDO, no que entrevista a John Christensen, director da ONG, TAX JUSTICE INTERNATIONAL(JUSTICIA FISCAL INTERNACIONAL), que loita contra a evasión impositiva global. Da entrevista sobre os “paraísos fiscais” do capitalismo contemporáneo, quitamos algunhas consecuencias sorprendentes.
Segundo o Fondo Monetario Internacional a suma de activos e débedas en “paraísos fiscais” é de 18 BILLÓNS de dólares,unha terceira parte do Produto Interior Bruto Global.
Os paraísos fiscais non é que sexan lugares onde se pagan só baixos impostos, senón que ademais o nivel de hermetismo, segredo e inmunidade e tal, que se pode agachar neles, calquera tipo de actividades ilícitas.A crise de 2008 apuntou, como nunca antes, aos “paraísos fiscais e a súa relación con bancos e outras entidades financeiras.
-As grandes fortunas individuais.
-Multinacionais.
-Entidades financeiras.
-Cartos ilexítimos(narcotráfico,terrorismo,corrupción...)
Os principais “paraísos fiscais son:
-BAHAMAS: con 115.000 compañías.
-ILLAS VÍRXENES:(dependencia británica):813.516 compañías.
-LIECHTENSTEIN:24.985 compañías.
-JERSEY:(dependencia británica):33.395 compañías.
-LUXEMBURGO:15.000.
Trátase dun sistema bancario na sombra,entidades creadas polas casas matrices dos bancos para agachar o grado de endebedamento real que teñen.
A secuencia é a seguinte: Un banco que ten unha hipoteca de alto risco”subprime”, vende os dereitos de cobro desa hipoteca a unha entidade chamada”vehículo” que opera nun “paraíso fiscal”, e que pertence ao mesmo banco.
Así limpa os seus balances, e xa está listo para saír ao mercado para endebedarse mais, para dar novos préstamos, que é o negocio do banco, poñendo os cartos en negocios altamente especulativos.
Todo foi ben,mentres seguiron pagando as hipotecas,pero cando se deixaron de pagar,o castelo de naipes comezou a derrubarse.
Un exemplo foi o de ENRON CORPORATION, o xigante enerxético de EEUU, que ocupaba a séptima posición como empresa. No 2001 tiña 900 subsidiarias en “paraísos fiscais” que lle serviron non só para non pagar impostos senón para agachar a súa virtual bancarrota, apoiada polas auditorías da compañía Arthur Andersen.
O G20,en abril do 2009, en plena crise mundial, anunciou o final dos “paraísos fiscais”.Ata o momento os acordos de información impositiva, asinados cos “paraísos fiscais”, son tan difíciles de levar a práctica que son inútiles.
John Christensen :
“Las revelaciones que ha prometido Wikileaks sobre la lista que les pasó el ex banquero Rudolf Elmer está produciendo pánico en el sector bancario.”
“Los acuerdos entre Estados Unidos y Jersey fueron usados 6 veces en los últimos ocho años. Si un país del poder de Estados Unidos solo puede hacer esto, quiere decir que los acuerdos no sirven porque el grado de prueba que hay que mostrar en la corte de los paraísos fiscales es tan alto que se vuelve casi imposible de cumplir.”
Paraísos fiscales y fideicomisos ("trusts")
- El fideicomiso es un antiguo instrumento legal inglés, el "Trust", ideal para la opacidad de los paraísos fiscales. El dueño de un bien le entrega el control de ese bien - un cuadro o una finca - a alguien para que se lo administre en beneficio de una tercera parte.
- Esto facilita el movimiento de grandes masas de dinero por una red de fideicomisos y compañías fantasma.
- El fideicomiso crea una compañía en la que "invierte" este bien. Esa compañía a su vez invierte y paga servicios a compañías de otro paraíso fiscal que, a su vez, derivan las ganancias hacia una cuenta bancaria en Suiza o Lichestein que puede estar o no a nombre del dueño del bien en cuestión.
Ningún comentario:
Publicar un comentario