
As fotos de Feijóo son iso, fotos e antigas. Teñen mais de vinte anos.Era un tenro varón, escomenzando unha carreira política. Nin militaba. Un home sen tacha.Brillante. Carreira fulgurante. A diferencia da opacidade do seu partido reaccionou con celeridade e transparencia.
E así ata o infinito. Estes días son a demostración de ata onde pode chegar o poder político, sen vergonza, sen ética: As fotos non teñen relevancia xurídica. É unha vítima. Non houbo relacións mais que de ocio, ou mesmo pedindo censura para a prensa. Os chamados xornalistas, eses que un dos seus colegas chamou "sobre-cojedores", afirman día tras día os mesmos argumentos. Alfonso Rojo,Justino Sinova,Blanco Valdés, Fernando Ónega, Xosé Luís Barreiro, Pablo Acción, etc.etc. Este último chega a decir, na TVG que non é un problema ético senón estético. Ata desculpan o contrabando de tabaco. Sobre as estreitas relacións de AP e PP cos señores da mafia, sobre as relacións de cartos e cargos, non hai nada. Poucos medios poden demostrar equidade.
Noutros casos cuspen lume, mentindo e manipulando fotos e datas, manipulando eleccións e votos. Claro que isto xa é costume.
É unha evidencia que ninguén acusa a Feijóo de contrabandista, senón xustamente, da súa relación de ocio con eles. Outros paises viron como cargos políticos dimitiron por copiar teses doctorales, amañar multas de tráfico, ou por relacións pouco edificantes. Neste país son méritos. Así de noxenta é a política e a prensa española.
HISTORIA DUNHA INFAMIA
(colleita de xornais e proposta de película)
Foron amigos durante uns anos, e un acabou á fronte do Goberno galego e o outro no cárcere por narcotráfico. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, do PP,mantivo a mediados dos anos noventa, mentres ocupaba altos cargos nos Gobernos galego e central, unha estreita amizade co histórico contrabandista Marcial Dorado Baúlde. Entón Dorado xa era moi coñecido polas súas actividades como un dos xefes do contrabando de tabaco en Galicia, e Feijóo ocupaba destacados postos na Administración sanitaria, primeiro na autonómica e logo na estatal. A relación incluíu invitacións a Feijóo á casa e ao barco de Dorado, ademais de viaxes que realizaron xuntos. Antes de coñecer a Alberto Núñez Feijóo, Marcial Dorado xa era un habitual nos xornais por asuntos como a chamada "peseta connection".
Naquela época o contrabandista fora detido dúas veces: en 1983, na primeira gran redada contra o negocio ilegal do tabaco nas Rías Baixas, e en 1990, por orde do xuíz Baltasar Garzón, dentro da Operación Nécora, aínda que logo o excarcelaron e non chegou a ir xuízo. Anos despois da súa relación con Feijóo, Dorado foi arrestado por narcotráfico e agora mesmo atópase no cárcere cumprindo unha condena a 14 anos.
.jpg)
Feijóo e o contrabandista coñecéronse a través do que foi durante anos testaferro deste último nos seus múltiples negocios, Manuel Cruz López- logo falecido en accidente de tráfico, e imputado polo xuíz Grande Marlasca- militante do PP en Ferrol e chofer oficial de conselleiros da Xunta como José Manuel Romay Becaría, principal impulsor da ascendente traxectoria de Feijóo como xestor na Administración e da súa meteórica carreira política ata o seu nomeamento como sucesor de Manuel Fraga en 2004. Mentres frecuentaba a mansión de Dorado para falar de negocios, atendía as súas ocupacións máis públicas como chofer de destacados políticos galegos do PP, compra os Astilleros Hércules, SL, filial de Astafersa, unha empresa vinculada ao que fose conselleiro da Xunta de Manuel Fraga, Juan Fernández, para o que ademais traballou de chofer.O amigo de Feijóo implicouse de cheo en varias das empresas de Marcial Dorado no fornezo de petróleos a hospitais, como é o caso de Petrogalicia, SL ou Xatevín, SL, que xestionaba unha gasolinera en Caldas de Reis e outra na Illa de Arousa, no porto deportivo. Cruz tamén entablou relación nos noventa con outro destacado dirixente do PP en Galicia, Juan Juncal, exalcalde de Ferrol e actual senador, que exerceu de asesor e apoderado de Cruz na compra dunha empresa. Anfra Sistemas era unha empresa inactiva; "las empresas inactivas se compran y se venden", explicaba fai tres anos o senador do PP sobre aquela operación. Anfra Sistemas está baixo a lupa da Audiencia Nacional na causa contra Dorado por blanqueo. Juncal sostén que se decatou logo das estreitas relacións do seu cliente co entón contrabandista. Adquiriu a través dela outra firma, JF Oil, unha sociedade que xestionaba gasolineras na provincia de Pontevedra. Quen lle vendeu a Cruz JF Oil era tamén alguén vinculado ao PP: Evaristo Juncal Carreira, un enxeñeiro da Xunta que desde os anos noventa foi socio de polo menos unha decena de empresas de explotación de gasolineiras, minicentrales, piscifactorías, viñedos e negocios inmobiliarios. Cos anos, Evaristo Juncal Carreira terminou sendo presidente do partido no municipio pontevedrés de Caldas de Reis, candidato á alcaldía polo PP e delegado territorial de Urbanismo en Pontevedra do Goberno de Feijóo. Cando se publicou que tres das súas sociedades acabaron en mans de persoas moi próximas a contrabandistas e capos históricos do narcotráfico, o presidente da Xunta o destituí.
Cando coñeceu ao contrabandista, Feijóo tiña 34 anos, vivía en Santiago e era o número dous da Consellería de Sanidade que dirixía Romay. A súa amizade con Dorado mantívose uns meses logo da marcha do actual presidente galego a Madrid, reclutado polo propio Romay para dirixir o desaparecido Insalud. O entón prometedor alto cargo empezou a acompañar a Cruz nas súas asiduas visitas á espléndida mansión de Dorado na Illa de Arousa (Pontevedra), onde se celebraban comidas e reunións ás que asistía persoal de confianza do contrabandista, incluso algúns mandos uniformados.
A amizade entre o político e o contrabandista foise estreitando. Entre 1995 e 1998, Feijóo acudíu durante os veráns a outra casa que Dorado tiña en Baiona, preto de Vigo. Nestas escapadas non faltaba o paseo a bordo do yate que o empresario tabaquero tiña atracado no Clube Náutico desta localidade turística. Nalgunhas desas excursións participou tamén a que era entón a parella do que chegaría a ser xefe do Goberno galego. A afección de Dorado polos barcos de recreo levou a Feijóo a pasear a bordo dun dos yates insignia do contrabandista, o Oratus, que tiña fondeado en Ibiza. Esta embarcación sería intervida anos despois nunha operación contra o branqueo de diñeiro, trala detención de Dorado en relación cun cargamento de seis toneladas de cocaína, en outubro de 2003.

Cara a 1997, en canto tivo novas de que a Audiencia Nacional abrira unha investigación a Dorado por unha suposta operación de contrabando, o presidente galego afirma que cortou toda a relación con él e que desde entón nin se volveron a ver nin falaron nunca.
http://www.publico.es/452949/las-increibles-excusas-de-feijoo-por-su-relacion-con-marcial-de-la-isla
Pero Feijóo non rompeu do todo con Dorado en 1999, como asegura o xuíz Vázquez Taín que confirma que o presidente da Xunta falou polo menos nunha ocasión por teléfono co narcotraficante entre 2001 e 2003, aínda que se tratou de algo "intrascendente".
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, non se cansou de repetir esta semana que a súa relación co narco Marcial Dorado, destapada por fotografías das súas vacacións xuntos, foi froito da súa "inxenuidade" nos anos noventa, cando descoñecía que o seu compañeiro de lecer era un contrabandista de tabaco perseguido pola xustiza. Con todo, o xuíz que encarcelou a Dorado por narcotráfico anos despois, revelou onte que a policía gravou conversacións telefónicas de Feijóo e Dorado entre 2001 e 2003, uns contactos que tamén admitiu o líder do PP galego a través dun portavoce. Feijóo asegurou o pasado fin de semana que cortou a relación cando se decatou ao redor de 1997 que Dorado estaba sendo investigado por traficar con tabaco e na rolda de prensa do luns afirmou que a última vez que "viu" a Dorado foi "como consecuencia da morte" do seu amigo común, o chofer de conselleiros da Xunta e testaferro do narco Manuel Cruz, en 1999.
Taín puntualiza que foron moitas, e non recorda cantas conversacións entre Feijóo e Dorado: "É imposible recordar o número, pero carecían de absoluto interese porque eran chamadas nun contexto de lecer ou para felicitar o Nadal, algo que encaixa co talante de Marcial, e como esas había centos que se escoitaron pero sen ningunha validez para a causa".
Nas eleccións autonómicas do 2009, o PP fixo circular unha imaxe do entón vicepresidente da Xunta, o nacionalista Anxo Quintana, no iate dun empresario que recibira contratos da Xunta. Mariano Rajoy chegou a pedir a demisión de Quintana por esa foto. Unha das frases de Feij009 publicadas entón en relación a esta imaxe: "o Goberno non se pode fotografar con malas compañías" e "o Vicepresidente ten que dimitir".
http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2009/02/25/00031235566369928144825.htm
O conselleiro Alfonso Rueda,-responsabel da campaña das eleccións do 2009- e a prensa próxima ao PP, contan que as imaxes de Feijóo son "de fai 20 anos cando en ningún caso tiña responsabilidades de goberno como as que ten agora" e que as de Quintana "son dun vicepresidente cando era vicepresidente cun empresario que despois recibiu importantes contratos dese goberno", un extremo que sempre foi negado polo exportavoz nacional do BNG, xa que dita foto fíxose un ano antes de ser vicepresidente e cinco do concurso eólico, no que o empresario quedou no octavo lugar con coarenta empresas mais.
http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/04/01/galicia/1364820242_005539.html
http://politica.elpais.com/politica/2013/04/05/actualidad/1365182935_655920.html
*Sobre ás relacións PP-contrabandistas e narcos:
http://www.farodevigo.es/sucesos/2010/12/29/narcos-tabaqueros-populares/504388.html
http://galiciaconfidencial.com/nova/13828.html
*O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, respondeu en roda de prensa no Parlamento de Santiago ás preguntas sobre a súa relación co narcotraficante Marcial Dorado. Pero as explicacións de Feijóo deixan sen aclarar diversas cuestións. Estas son as principais:
http://www.infolibre.es/noticias/politica/2013/04/01/los_puntos_oscuros_una_relacion_bajo_sospecha_1837_1012.html
(CONTINUARÁ...)